Pedro Sánchez apuesta en Vigo por trabajar en equipo y ganar el futuro, entre críticas a los políticos que impideron el cambio desde el 20D

Pedro Sánchez protagonizou un acto político en Vigo con Abel Caballero e pediu un apoio masivo o 26 de xuño ao PSOE para facer posible o cambio.
Previamente á súa visita a Galicia, a socialista galega Pilar Cancela era presentada en Barcelona por Pedro Sánchez como unha das integrantes do novo equipo do Goberno de Cambio do candidato á presidencia do Goberno. Cancela, que ten unha amplísima experiencia no eido das relacións laborais e o emprego, aportará desde a nosa comunidade propostas sobre sectores como a pesca, a agricultura, a gandeiría ou o desenvolvemento rural, nos que Galicia é un referente para o partido e para o proxecto socialista en toda España.
Pilar Cancela realizou unha intervención de dous minutos no acto de presentación do equipo esta mañá, como o resto dos integrantes do mesmo. A socialista destacou a necesidade urxente de impulsar un sectores produtivos que teñen perdido peso no PIB e no emprego en favor doutros sectores, de potenciar un “relevo xeracional” e a incorporación da xente moza “porque sexa un sector que lles resulte atractivo, e non por resignación ou como última saída”, e alertou sobre a urxencia de combater como prioridade “o despoboamento e a crise demográfica” que afectan ao desenvolvemento do rural e do sector pesqueiro.

Cancela destacou tamén como “clave” o papel da muller no rural e na pesca, onde se deben levar a cabo políticas que acaben coa desigualdade no seu papel, e chamou a revisar o equilibrio dos dereitos dos traballadores do mar cos demais traballadores, a facer fincapé na prevención de riscos laborais, a revisar o modelo de afiliación da PAC ou apostar pola agricultura ecolóxica e a acuicultura nuns sectores “que deben xerar riqueza e emprego, porque son un referente non só económico, senón tamén social e cultural en todo o noso territorio”, afirmou.
Fotografía: Gabinete del PSOE
R.