Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El director del Museo Thyssen-Bornemisza analiza en la Cidade da Cultura de Galicia el papel de la moda en el arte

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, promove unha reflexión ao redor do mundo da moda cunha conferencia do director artístico do Museo Thyssen-Bornemisza, Guillermo Solana, e unha master class de Manuel Outumuro, un dos grandes nomes da fotografía de moda en España.

Estas dúas actividades desenvólvense no marco das Xornadas Académicas da exposición ‘Con-fío en Galicia’, organizadas polo Museo Centro Gaiás. Debido ao interés suscitado tanto por Guillermo Solana como por Manuel Outumuro, a conferencia e master class ábrense, previa reserva de praza, a interesados que non estean inscritos nas xornadas.

Ao redor do tema ‘A moda nas exposición temporais dos grandes museos de arte’, Guillermo Solana dará conta (martes 7 de xuño, 10.15 h.) da súa experiencia á fronte dunha das institucións culturais máis prestixiosas de España, que ten desenvolvido proxectos expositivos ao redor do mundo da moda tan célebres como ‘Hubert de Givenchy’ ou ‘Vogue like a painting’. Na súa charla estará acompañado por Juan Gutiérrez, conservador de coleccións contemporáneas do Museo Nacional do Traxe, cunha intervención que leva por título ‘Entre o permanente e o efémero’. Os interesados poden reservar praza en cidadedacultura.gal.

Manuel Outumuro, pola súa banda, impartirá unha master class sobre fotografía e moda o xoves 9 de xuño de 10.15 a 14.15. As súas fotografías constitúen documentos que reflicten boa parte da historia da moda nestes últimos vinte anos. Ademais de ser creador da imaxe gráfica e comunicación visual de grandes deseñadores de moda, como fotógrafo publicou en revistas internacionais como Vogue, Elle ou Zest e españolas como Fotogramas, Telva, Woman, Elle, Marie Claire, ademais de colaborar en xornais nacionais como El País ou La Vanguardia.
R.