Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG pone unos 200 centros de votación a disposición de los militantes para las primarias

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O PSdeG pon a disposición dos 10.376 militantes do partido e de Xuventudes Socialistas con dereito a voto case 200 centros de votación repartidos por toda Galicia para participar no proceso de primarias que decidirá o candidato socialista á Xunta entre José Luis Méndez Romeu e Xoaquín Fernández Leiceaga.

En concreto serán 189 centros, repartidos entre sedes socialistas locais e centros públicos. Delas, 65 estarán na provincia de A Coruña, 51 en Lugo, 22 en Ourense e 51 en Pontevedra. As agrupacións con menos de 10 militantes votarán nas mesas designadas noutros concellos cercanos.

O horario de votación nas cidades e nas agrupacións con maior número de militantes será o sábado 28 de maio entre as 10.00 e as 20.00 horas, pero na gran maioría estará habilitado ben horario só de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, ou só de tarde, de 16.00 a 20.00 horas. A militancia pode consultar o centro de votación que lle corresponde e o horario de apertura das mesas a través das súas agrupacións ou no apartado de primarias da web do PSdeG http://www.psdeg-psoe.com/primarias/

Cada militante poderá votar unicamente no centro asignado á localidade no que está inscrito como afiliado, salvo as persoas que tivesen pedido en prazo o desprazamento do voto. As mesas electorais estarán formadas por unha presidencia e dúas vogalías, con dous suplentes para cada un dos postos da mesa. As dúas candidaturas poden contar con interventores e apoderados nas mesas para garantir a limpeza do proceso. Para exercer o dereito a voto será necesario presentar o DNI, carné de conducir ou pasaporte. A votación será presencial, secreta e en furna, e deberá habilitarse un espazo apartado ou cabina coas papeletas das dúas candidaturas para garantir o exercizo secreto do voto en furna- (A normativa completa pode ser consultada tamén na web http://www.psdeg-psoe.com/primarias/)

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.