Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Leiceaga quiere que su contrincante en las primarias, Méndez Romeu, siga como portavoz en el Parlamento de Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, asegurou en Santiago que “a principios do mes de xullo teremos listo o programa electoral, os socialistas galegos seremos unha alternativa sólida” para disputarlle o goberno ao Partido Popular.

En declaracións aos medios de comunicación, Leiceaga apuntou que “hoxe mesmo empezamos a organizar o traballo e a axenda pensando nas eleccións de outono”. “Queremos difundir as nosas propostas entre os colectivos sociais e grupos organizados que poidan aportar as súas demandas”, manifestou.

“Estaremos á altura das circunstancias e faremos un traballo intenso de contacto coa sociedade”, asegurou Leiceaga, que recoñeceu que está “contento e satisfeito, pero tamén asumindo a responsabilidade que temos os socialistas por diante”.

“O PSdeG xera moitas expectativas e temos que estar á altura das circunstancias”, engadiu o candidato socialista, que atopou no partido “un ambiente de traballo e colaboración”.
R.