Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Patricia Vilán asume la portavocía del PSdeG en el Parlamento de Galicia tras la dimisión de Méndez Romeu y a pocos meses de las elecciones

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia aceptou a proposta da Comisión Xestora do PSdeG de nomear á deputada pontevedresa Patricia Vilán como portavoz, logo da renuncia de José Luis Méndez Romeu. A portavoz socialista subliñou que “o noso obxectivo é gañar as eleccións e os nosos adversarios son o PP e Núñez Feijóo”.

Patricia Vilán ofreceu unhas declaracións aos medios de comunicación, inmediatamente despois de ter sido nomeada, nas que agradeceu en primeiro lugar a José Luis Méndez Romeu o seu traballo como portavoz, así como aos membros da dirección do Grupo. Agradeceu tamén a súa proposta como portavoz, que foi trasladada pola presidenta da Comisión Xestora, Pilar Cancela, e que “teño aceptado de maneira grata”.

Agradeceu a confianza do partido e anunciou que en breve proporalle ao Grupo Parlamentario o nomeamento do resto dos membros da Comisión Permanente. Vilán propuxo hoxe ao deputado coruñés Emilio Vázquez como viceportavoz primeiro e a deputada ourensá Noela Blanco viceportavoz segunda, unha proposta respaldada polo Grupo.

A portavoz do Grupo Socialista sinalou que “tódolos membros do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia somos protagonistas na súa medida, todos facemos o noso traballo moi ben feito” e sinalou que “tocoume entrar como última no Hemiciclo e fareino exactamente igual diante que detrás”.

A presidenta da Comisión Xestora, Pilar Cancela, explicou que a proposta de Vilán responde a que se trata dunha “muller tremendamente forte, capaz e con valores socialistas moi afianzados”. Explicou que o nomeamento deriva da dimisión, onte, do anterior portavoz, e “transmite certa identidade do candidato co equipo que dirixa o Grupo Parlamentario”.

Subliñou a intención da nova portavoz de integrar aos diferentes membros do Grupo para constituír un equipo “tremendamente compacto” e que “non se trata de identificalos cunha ou outra corrente”. Advertiu que se trata da primeira muller portavoz do Grupo Socialista porque, dixo, “somos consecuentes cos nosos principios e coa loita pola igualdade”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.