Campaña 26J: Mariano Rajoy visita Galicia para movilizar el voto útil y En Marea presenta su programa económico pensando en la gente

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, avanzou as visitas a Galicia de Mariano Rajoy, María Dolores de Cospedal e Soraya Saénz de Santamaría. Os tres estarán en territorio galego. O primeiro será o candidato popular, que estará o xoves na súa cidade natal, Santiago de Compostela, e na cidade na que máis anos residiu: Pontevedra.
A secretaria xeral, María Dolores de Cospedal, estará co presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo durante parte da xornada de sábado, e a vicepresidenta do Goberno fará o propio o domingo.
Por iso, fronte aos das visitas exprés ou os que nin sequera veñen a Galicia por non consideralo prioritario, tanto o presidente nacional do partido como as súas número dous no Goberno e no PP estarán pedindo o apoio aos galegos sobre terreo.
Tellado valorou positivamente a campaña que está levando a cabo o PPdeG, “con poucos atrís e moita rúa” e na que a xente está recibindo aos dirixentes do partido con cariño. “Temos boas sensacións”, dixo, e “agardamos que esas boas percepcións se traduzan en votos”.
Sobre o debate desta noite, dixo que “confiamos en que sexa construtivo e desexamos que Pedro Sánchez non insulte a Mariano Rajoy, que Albert Rivera diga se volverá a usar os votos dos galegos para entregarllos ao PSOE, e que Pablo Iglesias confirme que organizaría un reférendum en Cataluña a cambio de desbancar do poder á lista máis votada”.
O contraste entre os candidatos, cre Tellado, está entre os que son “animais de plató” e “viven pensando permanentemente en tertulias” e os que teñen “currículo de servizo” e son capaces de “falar cara a cara cos galegos”, entre os que situou a Mariano Rajoy.
Por todo isto, Tellado concluíu facendo un chamamento a concentrar o “voto útil” no PPdeG. O secretario xeral dos populares galegos destacou que “pensando en España, cómpre votar dende a responsabilidade” e, dende esta perspectiva, descartou a utilidade dun voto a un Pedro Sánchez que aínda non descartou que vaia a “permitir o ascenso do populismo” así como dun voto a Ciudadanos cuxo efecto en varias provincias galegas é non só “tirar o voto á papeleira” senón “acabar en Podemos”, ao reforzar as súas posibilidades de obter os seus escanos.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“O programa de Economía que presentamos o que fai precisamente é colocar a economía ao servizo das persoas, xustamente o contrario do que está a facer coas súa propostas fundamentalmente o Partido Popular”, explicou Yolanda Díaz e engadiu que a aposta de En Marea “é un programa por e para á xente, centrado na creación de emprego, nas necesidades básicas e en mudar un sistema tributario profundamente inxusto e na posibilidade real de pular por outras formas de sociedade nas que a economía é relevantísima pero teñen que camiñar cara a saír das políticas de austeridade que como temos demostrado non serven para garantir un modelo social equilibrado no noso país. O que defendemos é a economía para á xente e non a xente para á economía, e sobre todo acabar con esa tristura de ter as nosas xentes, os nosos fogares, sen emprego, sen protección social e con políticas que causan fame.”
O economista Manolo Lago expuxo os eixos fundamentais do programa a nivel estatal. “En Marea defende que o gasto público na vindeira lexislatura aumente en 3 puntos de PIB, o que equivale a 30 millóns de euros, que permita comezar a recuperar as desfeitas que teñen sufridos as grandes prestacións públicas, a sanidade, a educación, protección á dependencia”. Algo que se fará pola vía de negociar coa UE unha nova senda de consolidación fiscal e de gravar os grandes patrimonios e as empresas ao tempo que revertemos a o artigo 135 da Constitución para poñer o gasto social por riba do pago da débeda e a loita contra a fraude fiscal, que no noso caso non é unha retórica porque esa loita significa penalizar tanto os paraísos fiscais, como institucións financeiras tributarias como as Sicavs que son usadas polos grandes patrimonios para non tributar.”
O segundo eixo do programa de En Marea é un emprego de calidade e con dereitos. “A senda da dereita neoliberal en Europa ten dúas patas, a primeira debilitar o estado social reducindo o gasto público e a segunda devaluar o factor traballo. Salarios, condicións laborais, seguridade no emprego… Nese sentido queremos dar un xiro radical a esa estratexia. O primeiro que fará En Marea será derrogar as dúas reformas laborais que se levaron a cabo neste país baixo as ordes da Troika, a de maio de 2010 e a de 2012. E aquí hai un compromiso claro que é subir o salario mínimo interprofesional que está en 654 euros, en termos comparados dos máis baixos de Europa, subilo a 800 euros nos primeiros anos e rematar a lexislatura con 900 euros. Propoñer novo Estatuto dos traballadores con dous obxectivos: reformar todas aquelas normas e lexislación que amparan a precariedade laboral e deterioran o marco entre empresarios e traballadores que hoxe está enormemente desequilibrado. E iso implica modificar a regulación do despedimento, recuperar a causalidade da contratación xa que un emprego estable correspóndelle un contrato estable, os contratos indefinidos teñen que ter unha causa que os xustifique non como ocorre agora que a estabilidade, o contrato estable é a excepción contrariando a norma legal. Combater o fraude laboral atacando a regulación dos contratos a tempo parcial. Nos tempos, non só do PP, pero fundamentalmente do PP o gasto público en España recortouse en 50.000 millóns de euros, 8 billóns de pesetas se o pasamos a pesetas. Un recorte brutal como non se ten coñecido na historia do país, e fora de Grecia nos somos onde máis recorte do gasto público houbo e ten deteriorado gravemente as prestacións públicas como os servizos públicos. Ademais España ten unha característica que é que o gasto público está 5 puntos por baixo da media da Unión Europea, moito máis afastados dos países máis desenvoltos. Desa diagnose sae a nosa proposta”, explicou Lago.
A terceira pata da proposta de En Marea é un modelo de desenvolvemento económico sobre bases reais. A economía do Estado español e de Galicia desde hai moito tempo avanza cando hai especulación, cando hai burbullas, cando hai endebedamento cando se fundamenta en sectores de pouca consistencia económica como hostalaría, servizos ao turismo. O país ten que cambiar radicalmente neste sentido, necesitamos un modelo produtivo baseado en sectores consistentes sólidos capaces de xerar valores e emprego con condicións. Fai falla polo tanto un plan para recuperar o sector industrial no que ten que ter unha pata fundamental como é a transición enerxética baixa en carbón, non so por unha cuestión medio ambiental senón tamén pola excesiva dependencia que ten o Estado das importacións de petróleo que provoca un enorme burato nas nosas contas exteriores.
Finalmente, En Marea defende unha banca pública que “non é unha utopía xa que hoxe se pode construír sobre o que son instrumentos públicos en poder do Estado como é o Ico a Bankia e Marenostrum que antes de ser privatizadas dándollas como agasallo ao oligopolio financeiro español ou grupos internacionais, debe constituir un núcleo que permita que o financiamento chegue de verdade ás empresas e ás familias.
Protexer ás persoas é un dos obxectivos prioritarios do programa de En Marea. “Fálase de que comeza a recuperación económica, que o PIB comeza a medrar pero iso, no caso de ser certo e consolidar, convive dun xeito inaceptable coa pobreza, coa pobreza laboral, coa desigualdade, e a exclusión social e iso deriva da perda de emprego, da falla de ingresos das persoas da debilidade enorme e o deterio dos sistemas de protección do desemprego”.
Polo tanto este protexer ás persoas é un sinal de identidade de En Marea que ten 3 ou 4 elementos fundamentais:
– Renda garantida para que non existan persoas, 30.000 fogares en Galicia sen ningún ingreso 700.000 familias no conxunto do Estado onde viven 1,5 millóns de persoas. Renda garantida para todas estas persoas sen ingresos,.
– Mínimo garantido de consumo de luz e auga para que non existan persoas en pobreza enerxética extrema
– Paralización dos desafiuzamentos de primeiras vivendas. Se non existe alternativa para estas persoas que debe vir acompañado dun plan de vivenda social no que a Sareb debe ter un papel activo xa que agora mesmo é un dos grandes propietarios de vivendas baleiras no noso país
– Mantemento do poder adquisitivo das pensións, afectado pola última reforma feita polo PP en solitario e unha estratexia do aumento dos ingresos para garantir a sostenibilidade do sistema.
Para o profesor de Economía Aplicada da USC, que participou na redacción do programa económico, Gonzalo Rodríguez, dixo que un dos obxectivos á hora de elaborar as bases programáticas económicas foi recuperar as políticas de competitividade económica e traballar cos sectores produtivos cóbado con cóbado para ser capaces de implementar as políticas máis adecuadas. “Non queremos un sistema de cotas transferibles que non poden asumir os pequenos armadores e frota artesanal. Polo tanto trasladaremos a través das institucións do Estado este tipo de cuestións. A pesca ten que participar dunha política industrial que acaba xerando demanda de barcos para manter a carga de traballo dos estaleiros”. En Marea tamén pretende xerar oportunidades para os agricultores facilitando a venda directa e a incorporación de novas persoas ás actividades agrarias”, reinvidicou Gonzalo Rodríguez. “Pensar un modelo alternativo de transporte e solucionar unha das grandes eivas españolas, que non temos fontes de enerxía, enerxía primaria a non ser que sexa eólica, eólica mariña se chegamos a desenvolvela. Necesitamos transportes que nos axuden a transportar persoas e mercancías, aprovisionarnos de modo barato e colocar as nosas mercancías de modo barato tamén. Apostar polo tren e pola competitividade dos sectores estratéxicos fronte o modelo das autovías, megaconstrucións que lles serven as grandes construtoras centralizadas en Madrid que viven da obra pública de infraestruturas viarias e que responden a un modelo de transporte obsoleto. Necesitamos conectar portos con grandes destinos, conectando co ferrocarril. Conectar o porto de Ferrol significa darlle vida ao porto seco de Lugo e Monforte o mesmo que Salvaterra o de Ourense. É necesario revisar os oligopólios non poden ser que sector enerxía sigan sendo oligopólios que haxa a mínima oferta que hai neste momento porque é malo para os consumidores en termos de prezos e tamén en innovación xa que os sectores oligopólicos tenden a se manter nas técnicas que dominan pero nós necesitamos tecnoloxías novas para garantir a sostibilidade”, concluiu.
Fotografía 1: Gabinete de Comunicación del PPdeG/ archivo GD
Fotografía 2: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.