Los partidos políticos afrontan el último tramo de la campaña de las elecciones generales del 26J reforzando sus mensajes y su presencia pública

O BNG lanzou para as redes sociais un vídeo electoral onde resume o seu programa electoral en cinco minutos, baixo o título Non nos gustan os playbacks, temos voz propia (http://paratervozpropia.gal/2016/06/17/clint-eastwood-declara-que-vai-votar-ao-bng-heino-facer/).
Cunha montaxe con referencias cinematográficas, como Clint Eastwood, Chaplin, ou os filmes The Full Monty, O Gran Lebowski, A Guerra das Galaxias, Monsters, Os Picapedra, A Pantera Rosa, ou iconas musicais como Amy Winehouse…,o vídeo enumera os principais problemas de Galiza e as propostas que formula BNG-NÓS para solucionalos.
Así, en clave de humor retranqueiro, denúnciase a situación demográfica, a do mercado laboral, a emigración da xente moza, o desmantelamento dos servizos públicos, a corrupción e a evasión fiscal, o espolio enerxético e a falta de apoio aos principais sectores produtivos co país. E a continuación, esta versión audiovisual do programa electoral recolle algunhas das medidas máis destacadas que o BNG presenta ao 26X.
Dación en pagamento e freo aos desafiuzamentos sen alternativa, incremento do SMI, restitución dos dereitos sanitarios privatizados ou recortados, derogación das reformas laborais do PP e PSOE, subir as pensións mínimas ata os 900 euros e restituír a idade de xubilación ata os 65 anos, “que tampouco hai que traballar tanto que despois poñémonos doentes e tennos que dar tempo a restituír todos os dereitos sanitarios e suprimir os copagamentos”, ironízase no vídeo.
Tarifa eléctrica galega e aposta polas enerxías renovables suprimindo o chamado imposto ao sol, -“total para tres meses ao ano que o temos”,- alégase no vídeo. Tamén se enumeran entre as propostas económicas, rebaixar os impostos ao pequeno comercio e as Pemes, banca pública para xestionar o aforro galego, contratos que garantan prezos xustos para os gandeiros.
“Nós non buscamos paraísos porque xa o temos baixo os pés”, explícase en relación á evasión fiscal. O vídeo electoral conclúe facendo unha chamada ao voto para o BNG. “E que convén facer cando votemos? Pois facelo con forza e ímpeto”. “Heino facer!”, contesta Clint Eastwood do Gran Torino. “Non temos por que escoller entre cambio e darlle voz a Galiza, porque co voto ao BNG podemos telo todo”, conclúe o vídeo. “Non nos gustan os playbacks. O noso pobo ten voz propia”.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

Así se expresaba o dirixente durante un paseo por Vigo acompañado pola portavoz do PP local, Elena Muñoz, polo coordinador de mocidade e participación do PPdeG, Javier Dorado, e polos candidatos ás Cortes pola provincia de Pontevedra, Irene Garrido e Miguel Fidalgo.
Feijóo cualificou de “non democrática” a petición de Albert Rivera, que insiste en que para apoiar ao partido máis votado, ten que irse o candidato. Así, recoñeceu que, se o líder de Ciudadanos tivese a cantidade de apoios que obtivo Rajoy, “nin se me ocorrería dicir que para apoiar ao que gaña ten que irse Rivera. Isto é o contrario da democracia”.
“É unha estratexia de divide e vencerás”, apuntou o dirixente, que recoñecía que malia que as hai distintas en campaña electoral, “a de intentar dividir o que está unido é moi antiga”. Do mesmo xeito, mantivo que, neste caso, Rivera non vai lograr nin dividir nin tampouco vencer.
“A min custaríame darlle a confianza a unha persoa que demostrou que usou unha praza de discapacitados falseando un documento en beneficio propio”. Así se pronunciaba o presidente acerca da polémica protagonizada pola cabeza de lista de Ciudadanos ao Congreso pola provincia de Pontevedra, María Rey.
Feijóo amosouse seguro de que os cidadáns están valorando cómo é posible que a persoa que di querer representar os intereses dos pontevedreses poida falsificar un documento para ter uns privilexios que só corresponden aos que verdadeiramente o precisan. “Isto non é moi compatible con intentar pedir a confianza da xente”, precisou.
Ademais, o dirixente afirmou que se trata dun tema o suficientemente serio como para que, se ela non vai tomar ningunha decisión, a dirección dese partido si valore o acontecido. Nesta liña, engadiu que as explicacións de Ciudadanos son “bastante insuficientes”, xa que se limitan a dicir que o sucedido non ten importancia porque ocorreu antes de que Rey fose nas listas ao Congreso pero que, de darse posteriormente, si a inhabilitarían como cabeza de lista.
Así mesmo, o presidente insistiu en que a candidata abusou dos discapacitados, pois mentres di que hai que ter sensibilidade con eles e visita entidades de discapacidade, ela mesma admite que lles quitou unha praza de aparcadoiro reservada.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
En Marea dedicouse ao sector industrial, que está sufrindo as políticas de desmantelamento promovidas por Feijóo e tuteladas por Mariano Rajoy. Nos últimos oito anos perdemos en Galicia o 11,7% de emprego industrial.
O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, desprazouse ata a sede de ALCOA en San Cibrao, onde mantivo unha xuntanza co Comité de Empresa, na que tamén participaron os deputados de AGE do Parlamento Galego Ramón Vázquez e Antón Sánchez. “En Marea fai súas as demandas do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao porque a nosa razón de ser é facer nosas as demandas dos traballadores, máis de 1.400 ademais das 600 empresas auxiliares. Para a Mariña é fundamental o mantemento e o futuro das dúas plantas e daremos máxima urxencia á resolución da poxa eléctrica para o ano 2016. Ten que implicarse tamén a Xunta neste problema e o goberno en funcións, que si actúa no caso de Ence e Reganosa pero non con Alcoa. Asumimos a demanda do Comité de que se se produce a venda de Alcoa San Cibrao que non implique a separación das dúas plantas, que manteñen moitos servizos comúns. Defendemos tamén que a venda, se se produce, sexa conxunta e que a Xunta de Galicia forme parte como socia inversora de Alcoa garantindo unha tarifa eléctrica galega que contemple a especificidade da industria galega, que ten unha incidencia moi importante na economía e no PIB de Galicia”, reivindicou Miguel Anxo Fernán Vello.
Á mesma hora na Coruña, Antón Gómez-Reino, Yolanda Díaz e José G. Buitrón tamén recollían as propostas do Comité de Empresa de ALCOA A Coruña, que xa foron trasladadadas por En Marea ao Congreso na pasada lexislatura e que serán reivindicadas de novo na vindeira. “Estivemos reunidos de novo cos traballadores de Alcoa que poñen enriba da mesa a urxencia dunha solución, que non ten que ver con cores políticas nin ten por que esperar a un novo goberno, pois estamos falando do presente e do futuro de aluminio en Galicia. O desemprego e a falta de tecido industrial no noso país e na nosa comarca é un problema fundamental e ademais de comprometernos a, de En Marea estar no novo goberno, buscaremos a ferramenta que lle dá viabilidade á planta, instaremos ao resto de partidos a buscar conxuntamente unha solución”, explicou Gómez-Reino trala xuntanza. “É necesario facer un pacto de Estado para que a industria xere riqueza. No caso de Alcoa están vendendo as plantas sen descartar peches e queremos garantías para que poidamos competir en igualdade de condicións co resto de países. Queremos que a Xunta e o novo goberno que saia de Madrid artellen solucións para o noso sector”, demandou Juan López Corbacho, presidente do Comité de Empresa de Alcoa A Coruña.
Fotografía 1: Gabinete de Comunicación del BNG
Fotografía 2: Gabinete de Comunicación del PPdeG
R.