Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El presidente de la Xunta coloca la fecha de las elecciones gallegas en torno al 20 de octubre

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou que “seis iniciativas lexislativas están en disposición para o seu debate e aprobación no vindeiro Pleno”. Ademais deste alto contido lexislativo, a sesión plenaria tamén incorporará a presentación do informe ordinario da Valedora do Pobo e a elección dos senadores en representación da Comunidade galega e de seis membros do Consello Social da Universidade de A Coruña.

Pedro Puy apuntou que o Grupo Popular proporá na Xunta de Portavoces a inclusión na orde do día da sesión plenaria da vindeira semana da designación dos tres senadores en representación da Comunidade galega, dos que dous corresponden ao PP e o outro ao PSOE. “O obxectivo é que estes representantes poidan estar presentes o día de constitución do novo Senado logo das pasadas eleccións xerais”, indicou.

Entre as iniciativas lexislativas que están en disposición de debaterse e aprobarse no vindeiro Pleno, Puy enumerou os proxectos de lei de modificación da Lei da área metropolitana de Vigo; do Plan galego de estatística 2017-2021; de creación dos colexios provinciais de economistas, por fusión dos colexios de titulares mercantís e de economías existentes en Galicia; e de creación do Colexio Oficial de terapeutas ocupacionais de Galicia.

A estas iniciativas lexislativas súmanse as aprobadas esta mañá en Comisión: a proposición de lei para a actualización do sistema de transporte público de Galicia; e a proposición de lei de modificación da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Cuestionado sobre a convocatoria das eleccións autonómicas, Pedro Puy sinalou que o Presidente da Xunta “vén de reiterar esta mañá que serán en outono, cando corresponde e de acordo coa situación política actual, caracterizada pola estabilidade do Goberno e unha acción política que está a conseguir resultados bos, como se viu hoxe na creación de emprego, aínda que hai que perseverar neste camiño”.

“Un dos valores que a cidadanía comeza a apreciar é a estabilidade e normalidade no funcionamento das institucións, polo que, non habendo un motivo que implicaría un adianto, creo que o Presidente está dando un sinal de seriedade e de responsabilidade de acordo co que marca a normativa”, asegurou.
R.