Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los partidos se preparan para cerrar el curso político marcando los deberes de cara a las elecciones gallegas de octubre

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, asegurou en Pontevedra que os socialistas galegos acudirán “ás eleccións autonómicas sen medo para plantexar propostas diferentes e novidosas, cos servizos básicos e o emprego como cuestións prioritarias”.

“Os cidadáns poderán elixir entre dúas alternativas; o proxecto do PP de Feijóo, baseado na continuidade e na inercia, e o proxecto do PSdeG, que terá unha renovación profunda”, apuntou Leiceaga, líder dunha candidatura que presentará no seu programa electoral propostas “para preservar a sanidade e a educación pública, destinadas á promoción económica e tamén á necesidade de recuperar a converxencia con Europa”.

Leiceaga mantivo hoxe en Pontevedra unha reunión co grupo municipal socialista encabezado por Agustín Fernández, na primeira visita dunha rolda que o levará polas principais cidades galegas nas próximas semanas. “É o tempo de escoitar as demandas da cidadanía”, manifestou.

Con respecto á cidade de Pontevedra, o candidato socialista apuntou a necesidade “de poñer en marcha un novo colexio público en Valdecorvos e unha nova escola infantil na cidade”, garantindo o compromiso socialista “para articular un plan de centros galegos que atenda estas necesidades”.

Os socialistas garanten tamén o seu apoio “para acometer despois das autonómicas a ampliación do Hospital de Montecelo e mellorar os seus accesos”. En materia de emprego, Leiceaga aposta, entre outros aspectos, “pola activación económica do eixo entre Pontevedra e o polígono de Barro-Meis”.

Otras iniciativas para a cidade que potenciarán os socialistas serán “a mellora da estrada a Vilagarcía, o transporte metropolitano ou o saneamento das rías, que debe chegar da man dunha xestión integral das rías”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de AGE:

Para Alternativa Galega de Esquerda (AGE), o Goberno de Feijóo ten “ansia por deturpar o poder lexislativo” a forza de electoralismo. Así o expuxo esta mañá a deputada de AGE Eva Solla na comparecencia de prensa posterior á xunta de portavoces do Parlamento de Galicia, en que denunciou que, para o que probabelmente sexa o derradeiro pleno da lexislatura, o Partido Popular decidise remitir á Cámara ate seis textos lexislativos e así debatelos apuradamente e sen substancia. Antón Sánchez, viceportavoz de Alternativa que compareceu canda Solla, agarda, en todo caso, que Feijóo “non faga control á oposición e responda ao que lle preguntamos”.

O grupo parlamentario de AGE levará ao pleno do 12 e 13 de xullo as seguintes iniciativas:

Pregunta ao presidente da Xunta: sobre a perda de poboación de Galiza.
Pregunta oral urxente: sobre a situación da sanidade pública.
Proposición non de lei: sobre o tratado de libre comercio entre a Unión Europea e os Estados Unidos.
Pregunta ordinaria: sobre os danos ao patrimonio arqueolóxico na Mariña luguesa.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou que o Parlamento galego cumpriu nesta lexislatura “o obxectivo de ser o centro da participación cidadá, de debate e da actividade política, ata o punto de que é un perfecto espello da situación política: un partido que ofrece estabilidade e diálogo mentres que en fronte hai unha alternativa de goberno moito máis dividida do que estaba cando comezou a lexislatura e sen moita capacidade de ofrecer alternativas, salvo algunhas políticas de xestos”.

Na comparecencia posterior á reunión da Xunta de Portavoces, Pedro Puy agradeceu aos portavoces dos grupos da oposición “a súa predisposición a permitir que os horarios do Pleno da vindeira semana sexan razoables, dada a alta concentración de normas habitual no final do período de sesións, que provocan que a sesión sexa complicada en termos de xestión horaria”. Neste sentido, concretou que todos os grupos acordaron renunciar a unha parte do tempo que lles correspondería no debate dalgunha destas normas en Pleno.

Respecto do debate das seis iniciativas lexislativas incluídas na orde do día, das que seis son proxectos de Lei remitidos polo Goberno e as outras dúas son proposicións de lei promovidas desde o Grupo Popular e o BNG, o portavoz popular tamén subliñou que ningún texto lexislativo (dos cinco que se debateron, xa que un deles tramítase polo procedemento de lectura única) tivo voto en contra. “O consenso é mérito das dúas partes”, sinalou Pedro Puy, quen considerou demostrado que “ás veces é posible o acordo en cuestións que afectan á cidadanía sen que haxa votos en contra significativos”, en referencia as leis da área metropolitana de Vigo, a lei de transporte público ou a modificación da Lei de violencia de xénero.

A orde do día do Pleno incorpora a elección dos tres senadores en representación da Comunidade galega (dos que dous corresponden ao Partido Popular e un ao Partido Socialista) e seis membros do Consello Social da Universidade de A Coruña, así como a comparecencia da Valedora do Pobo para dar conta do seu informe de xestión correspondente a 2015.

Pedro Puy referiuse á solicitude do Grupo Socialista para que o Presidente da Xunta comparecera sobre a política laboral e o emprego, “xusto cando acabamos de ter un dos mellores datos de crecemento do emprego no mes de xuño”. Neste sentido, recoñeceu que estacionalmente o paro baixa no mes de xuño como consecuencia do período veraniego, como demostra o feito que en termos mensuais a creación de emprego crecera este ano un 6 por cento, fronte ao 2,5 do 2008, o 3,5 do 2009 e do 3,8 no 2010.

Porén, indicou que, na comparativa interanual, fronte ao descenso do desemprego do 9,5 por cento rexistrado este ano, en 2009 o paro incrementouse o 31,12 por cento e no 2010 o 9,7 por cento. “A comparación dos datos estacionais dan un resultado que nos fai ser optimistas no sentido de que, aínda que agora o paro rexistrado en Galicia é menor que no 2009, hai que seguir perseverando para mellorar estas cifras”, sinalou.

O portavoz popular tamén cuestionou a intención do BNG de incorporar na sesión plenaria o debate dunha proposición de lei de reforma da lei electoral. “Despois de traer unha proposta de reforma da lei electoral galega, outra sobre a reforma da lei electoral xeral e mesmo outras cuestións afíns a procedementos electorais, sorprende que se solicite un debate sobre normas electorais a escasas semanas dun proceso electoral”, indicou.

Puy lembrou que “cando nós formulamos ao inicio da lexislatura unha reforma electoral, se nos acusou de ventaxismo e de facer actuacións pouco democráticas” e recordou que o Código de boas prácticas en materia electoral do Consello de Europa recolle que non se debe tocar unha norma electoral un ano antes dunha convocatoria electoral. “A lei electoral vai ser a mesma coa que os galegos levan votando moitos anos, porque daría unha mala imaxe de saúde democrática que a escasos meses das eleccións formuláramos calquera reforma da lei electoral”, sinalou.

O Grupo Popular defenderá na sesión plenaria da vindeira semana dúas proposicións non de lei. A través da primeira delas, demándase ao Concello de Vigo a adherirse ao programa de vivendas baleiras da Xunta; mentres que a segunda ten como obxectivo que o Goberno galego estenda progresivamente a plataforma É-Saúde ao conxunto da cidadanía galega.

Así mesmo, o Grupo Popular cuestionará ao Goberno galego sobre a situación da doazón e o transplante de órganos e tecidos en Galicia e as conclusións do informe sobre a evolución da clasificación microbiolóxica das zonas de produción marisqueira en Galicia.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.