Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea no renuncia a constituir un grupo propio en el Congreso de los Diputados. Una gestora guiará a las mareas hasta la asamblea

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

Os parlamentarios de En Marea entregaron as súas credenciais como deputados da XII Lexislatura no Congreso dos Deputados. Antes de recoller as súas actas, a voceira do grupo, Alexandra Fernández, quixo agradecer o apoio de todos os galegos e galegas “que nos deron o seu apoio para que traslademos aquí as demandas de Galicia e que nos permitiron unha vez máis reunir as condicións necesarias para ter grupo parlamentario propio, pois somos 5 deputados e logramos máis do 15% dos votos”.

En declaracións aos medios Fernández criticou o acordo entre PP e Ciudadanos perante esta cuestión “por non entender que se está dando un cambio político que pasa pola pluralidade de voces, pola plurinacionalidade no conxunto do Estado. Hai que ver que fará o PSOE nos próximos días e veremos cal é a súa vontade real de entender este cambio que se está dando a nivel estatal.”

En Marea tamén apelou á responsabilidade do PP para chegar a acordos “algo para o que o Partido Popular se está demotrando totalmente incapaz. Durante catro anos non dialogaron con ningunha outra forza e dedicáronse a gobernar a través de tramos de corrupción sen escoitar o que estaba sucedendo nas rúas, máis alá do seu flotador laranxa Ciudadanos. Cremos que é o momento de que busque eses apoios. Sabedes cal é a nosa posición, sempre traballando por un acordo de cambio progresista. Cremos que de cara ás eleccións autonómicas que se van dar o vindeiro outono en Galicia temos que chegar a acordos coas forzas progresistas e nese senso queremos saber tamén cal é a vontade do PSdeG de desaloxar a Núñez Feijóo da Xunta de Galicia”, concluiu.

Á pregunta de se En Marea vai reclamar grupo propio Alexandra Fernández asegurou que “é unha decisión que temos que valorar as opcións que se poñen enriba da mesa, entre as que están reeditar ese grupo confederal ou chegar á último consecuencia de presentar grupo propio. É unha decisión colectiva, que debe decidir En Marea en base a uns prinicipios que temos claros que é manter a autonomía, o suxeito político propio, a capacidade de acción política que nos queren negar ó negarnos o grupo parlamentario propio. Temos que por enriba da mesa cales son as condicións que se dan en cada unha das opcións, valoralas e tomar unha decisión colectiva.”

Para En Marea sería moi positivo que o líder de En Comú Podem, Xavier Domènech, se convertese no presidente da Mesa do Congreso “porque representa os valores políticos que nós defendemos, un modelo plurinacional do Estado, un cambio político pensado para as maiorías sociais e de poñer as institucións ó servizo da xente e non dunha elite, polo que estariamos encantados que fora o presidente do Congreso”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.