Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

25 de julio: el Día de Galicia se conmemora con el centenario de las Irmandades da Fala de fondo

Celebraciones del 25 de julio recogidas de la web de CRTVG:

Os partidos políticos celebran o 25 de xullo, Día de Galicia, en diferentes cidades e vilas galegas. O PSdeG lembra a Castelao en Rianxo, Anova conmemora o centenario das Irmandades da Fala e o BNG percorre as rúas de Compostela.

Nesta ocasión, o presidente do Parlamento é o delegado rexio en representación do Rei. Miguel Santalices, logo de saudar ás autoridades civís e do pase de revista ás tropas, dirixiuse á catedral, onde se oficia a cerimonia relixiosa trala que a comitiva oficial se dirixe ao pazo de Raxoi para asinar no libro de honra do concello.

San Domingos de Bonaval acolle na tarde do 25 de xullo a tradicional ofrenda a Rosalía de Castro no panteón dos galegos ilustres. Asisten a esta ofrenda floral con motivo do día de Galicia, o presidente Alberto Nuñez Feijóo, o do Parlamento Miguel Santalices e o Alcalde de Santiago Martiño Noriega entre outras autoridades.

Ademáis destes actos institucionais, os partidos políticos tamén conmemoran o 25 de xullo. Os socialistas galegos celebran o día de Galicia en Rianxo, cunha ofrenda floral no busto que lembra a Castelao. O candidato do PSdeG á Xunta, Xoaquín Fernández Leicega, e a presidenta da xestora do partido, Pilar Cancela, presiden a homenaxe.

O nacionalismo galego volve a separarse este 25 de xullo trala convocatoria unitaria do ano pasado. Anova celebra un acto político no compostelán parque de Galeras, cun recordo especial para os 100 anos das Irmandades da Fala. Xosé Manuel Beiras, voceiro nacional da formación pecha o acto para dar paso a unha xornada de convivencia. O BNG organiza, en solitario, a tradicional manifestación pola rúas de Santiago para facer as súas reivindicacións polo Día de Galicia. A voceira nacional, Ana Pontón, pretende que sexa masiva para visualizar a súa alternativa.

Galiza Nova homenaxeou na véspera do día da Patria Galega a Rosalía de Castro e Castelao cunha ofrenda floral no Panteón de galegos ilustres.A xuventude nacionalista reclamou a vixencia do discurso dos dous escritores na sociedade galega de hoxe. O secretario xeral de Galiza Nova, Alberte Mera acompañado da portavoz nacional do BNG, insistiu ante a militancia en que a mocidade precisa un futuro digno no país, sen precariedade nin emigración.
R.