El Rey recibe a En Marea en la ronda de contactos con las formaciones políticas y les transmite la necesidad de evitar unas terceras elecciones

Deputados e deputadas de En Marea rexistraron no Congreso dos Deputados a solicitude de Grupo Parlamentario en coherencia co carácter de suxeito político propio que lle outorgaron as urnas o 26 de xuño, cando a candidatura conqueriu 5 actas no Congreso e 1 no Senado e máis do 15% en todas as circunscricións nas que se presentou.
A portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, fixo referencia ao posible bloqueo da Mesa do Congreso dicindo que “non se pode facer un cambio de cromos cos grupos nin xugar cos nosos dereitos”. E engadiu que se, finalmente si lle concede grupo a Convergencia Democrática de Cataluña, “a legalidade da Cámara quedaría absolutamente en entredito”.
En Marea ten a seguridade que, pase o que pase, terán garantidas na práctica todas as características dun grupo parlamentario (iniciativa política, axenda propia, portavocía…) e seguirán traballando para cambiar o regulamento e “permitir a entrada da diversidade nas Cortes e que a decisión non se reparta entre o bipartidismo de sempre”, desatendendo a vontade de miles de persoas que decidiron co seu voto outorgarlle a capacidade de constituirse como primeiro grupo parlamentario galego no Congreso.
De non lograr grupo propio, En Marea comprométese a chegar ata “as últimas consecuencias coa defensa dos nosos dereitos, incluído o Tribunal Constitucional, avaliando as medidas legais a desenvolver para que esta demanda gañada democraticamente poida saír adiante”.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.