Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Candidatos del PPdeG, PSdeG, BNG, AGE y Ciudadanos se encuentran en la CRTVG, en el único debate "a cinco" de la campaña

Nota publicada en la web de la CRTVG:

Os xornalistas Marta Darriba e Kiko Novoa moderan o debate electoral entre os candidatos das cinco forzas políticas máis representativas en Galicia (Alberto Núñez Feijóo polo PP, Xaquín Fernández Leiceaga polo PSdeG-PSOE, Ana Pontón polo BNG,Luís Villares por En Marea e Cristina Losada por Ciudadanos), que se emite en directo e simultáneamente pola televisión e a radio públicas galegas, no que será un dispositivo de medios humanos e técnicos sen precedentes.

En canto ao desenvolvemento do debate, todos os candidatos/as á presidencia da Xunta de Galicia participan con igualdade de tempos e este estruturarase nos seguintes bloques temáticos, de 20 minutos de duración cada un: economía e emprego, sectores produtivos, políticas de benestar, rexeneración democrática e modelo institucional.

Como normal xeral dentro de cada bloque, cada candidato terá catro minutos repartidos entre dúas intervencións, quedando aberta a posibilidade dunha réplica no caso de alusións persoais e reiteradas. Os candidatos estarán de pé cun atril diante e en semicírculo e disporán dun minuto sen interrupcións para a intervención inicial e outro para o peche do debate. Para favorecer a actividade nas redes sociais, o debate pode comentarse en Twitter co cancelo #debatecrtvg.

Ademais, para favorecer a accesibilidade das persoas xordas, unha hora despois do seu inicio, o debate comeza a emitirse a través da tvG2 en lingua de signos, sendo a primeira vez que unha cita electoral deste tipo se ofrece nesta lingua. O debate tamén se transmitepolas canles internacionais para Europa e América e pola páxina web da CRTVG (www.crtvg.gal).

A cobertura da TVG, de case seis horas de programación ininterrompida, comezou ás 19.00 h. cunha edición especial e máis longa do programa “Área Pública”, presentado por Susana López, que contou coa participación dos xornalistas José Luís Jiménez, Mapi Egea, José Luis Gómez eAlfonso Riveiro. Despois dun “Telexornal Serán” de só media hora (21.00 h.), chegou o gran momento ás 21.30 h. cun debate a cinco que irá seguido dunha nova entrega de “Área Pública”, que recol as valoracións despois do debate que fan os propios candidatos.

No caso da Radio Galega, a programación especial comeza a ás 21.00 h., cun faladoiro político, moderado por Xavier Ares, en que participan Manolo Pérez Álvarez, colaborador habitual da emisora e ex deputado do Parlamento galego; Javier Garrido Valenzuela, presidente do Círculo de Empresarios de Galicia; o politólogo Xesús Vega e a xornalista María Martínez Val.

R.