Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Economistas alertan de que la industria y el sector primario pierden peso en el PIB gallego

Nota de prensa del Foro Económico de Galicia:

Galicia segue reducindo considerablemente a brecha de crecemento económico co resto de España. O PIB Galicia medra un 3% interanual ata xuño de 2016, fronte ao 3,2% de España. Así a todo, Galicia mantén unha elevada taxa de desemprego, que se sitúa no 17,7% da poboación activa e nun 43,7% no caso das mozas e mozos menores de 25 anos. O Informe de Conxuntura Socioeconómico de Galicia, unha completa análise trimestral sobre a evolución da Comunidade, presentouse no auditorio de Abanca en Santiago de Compostela. O estudio está coordinado por Fernando González Laxe e asinado por José Francisco Armesto Pina, Patricio Sánchez Fernández e Santiago Lago Peñas, investigadores económicos do Foro Económico de Galicia.

O traballo analiza que, aínda que a economía galega está avanzando e recuperando crecemento ao respecto da española, dende 2088 só se teñen recuperado 4,4 puntos dos 8,2 puntos de PIB perdido durante a crise e 1,6 puntos de emprego respecto dos 18,5 puntos perdidos entre 2008 e 2014.

A taxa de paro xuvenil galega, que acadou o peor dato en 2013 co 51,6% dos xoves parados, se sitúa aínda na mala cifra do 43,7% de parados.

Más información en: Informe de Coxuntura Económica III/2016
R.