Trabajadores se concentran en protesta por el "inasumible" ERE que propone el Banco Popular

CCOO e o resto de sindicatos con representación no Grupo Banco Popular concentraranse en Vigo contra o «ERE salvaxe» que pretende aplicar a dirección da entidade bancaria. O pasado 15 de setembro, a dirección do Grupo Banco Popular anunciou un proceso de reestruturación que terá como resultado o despedimento colectivo de 2900 traballadores e traballadoras dos Bancos Popular e Pastor e o peche de 300 oficinas en todo o estado. En Galicia prevese o despedimento de 435 persoas, o 25 % do actual cadro de persoal.
Para CCOO, esta medida tería «evidentes consencuencias negativas», tanto para quen poida perder o posto de traballo, como para quen continúe —en peores condicións ca as actuais—, como tamén para a clientela e persoas usuarias dos servizos destas entidades.
Comisións constata a «redución do sistema financeiro galego» e lamentan que os xestores do Grupo Banco Popular —ao cal pertence tamén o Banco Pastor— tomen esta decisión sen ter en conta o «esforzo» realizado previamente polo persoal para rematar «con éxito» dúas ampliacións de capital destinadas a reforzar a viabilidade da entidade.
Fotografía: CC.OO.-Galicia
R.