Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea reitera su posición ante el Rey y anuncia que votará negativamente a la investidura de Rajoy como presidente del Gobierno

La portavoz de En Marea, Alexandra Fernández, ha subrayado que la abstención del PSOE no "es un mero apoyo", sino que forma parte de la "gran coalición" que comenzó en 2011 con el pacto con el PP para cambiar el artículo 135 de la Constitución y ha insistido en que la "principal oposición" en esta legislatura será Unidos Podemos. "Estamos ante un golpe de régimen a través de los partidos", ha señalado Fernández, que ha añadido que la disyuntiva actual es o "régimen del 78 mutado en régimen del 2011" frente a "democracia".

La diputada gallega ha cuestionado la "legitimidad" de la investidura de Mariano Rajoy no desde el punto de vista legal, sino desde el "sentir de la mayoría" que pedía cambio en las urnas. "Una cosa es una votación dentro del Congreso, legítima dentro del marco legal y otra cosa es le legitimidad del sentido común y del sentir de la mayoría. La legitimidad está en escuchar lo que sucede fuera" del Congreso, ha puntualizado.

En este sentido, ha asegurado que defenderán "cualquier tipo de movilización" que vaya en la línea del "no nos representan" del Movimiento del 15M, como la prevista por la Coordinadora 25S bajo el lema "Ante el golpe de la mafia. Democracia" para el sábado o el domingo, en función de cuándo sea finalmente la segunda votación de la investidura.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A portavoz de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, acudiu esta tarde á consulta co Xefe de estado na Zarzuela e após do encontro realizou a avaliación de En Marea nas dependencias do Congreso.
Afirmou nas súas declaracións que “levamos tempo dicindo que só había dúas vías: a da grande coalición e unha vía alternativa de esquerdas. Máis o vodevil e a indefinición do PSOE rematou e a grande coalición destapouse, quitándose a careta. Estamos perante o desenmascarameto da grande coalición”.

En Marea “votará en coherencia contra a investidura de Rajoy”

A portavoz de En Marea puxo de manifesto que En Marea sempre estivo en contra dos recortes do PP e “votaremos en coherencia en contra da investidura de Rajoy. Faremos un exercicio de demostración de integridade e de coherencia, e deixaremos claro que existe alternativa política aos recortes e ás denominadas políticas de austeridade”. Alexandra Fernández subliñou que En Marea e o resto das forzas do cambio serán a oposición política a este Goberno, lembrando que “en Galiza xa somos a alternativa ao réxime”.

A deputada de En Marea destacou que a abstención do PSOE en segunda volta a Rajoy “non é un mero apoio puntual”, sinalando que a grande coalición ven de lonxe, “comezou no 2011 co pacto da reforma do artigo 135 da Constitución. A grande coalición ven, por tanto, de atrás porque a realidade demostrou que o PSOE leva tempo apostando por esa vía”.

Para a portavoz de En Marea “estamos asistindo ao repliegue do réxime ordenado por Bruxelas”, e recalcou que En Marea, en contraposición, “significaráse na loita pola democracia”, aclarando que a disxuntiva é “o réxime do 78 coa súa continuidade no réxime do 2011, cando PP e PSOE pactaron a reforma do artigo 135, ou máis democracia e unha alternativa ao austericidio que é a vía de En Marea”. Engadiu que “o réxime do 78 está a mudar en réxime de 2011”.

Advertiu dos intentos de “pechar en falso a demanda dun proceso constituínte” e recalcou a necesidade de abrir o proceso constituínte “demandado pola maioría e que En Marea partilla”. Para Alexandra Fernández “é importante escoitar a vontade da cidadanía” e “fronte a ese réxime está o vector democrático no que se sitúa En Marea”. Sinalou que puidemos ver que “estamos ante o golpe do réxime através dos partidos políticos con decisións que se adoptan á marxe das bases sociais”.

No turno de preguntas dos xornalistas sobre o estado de ánimo do Xefe do Estado, Alexandra Fernández afirmou que “se lle nota máis relaxado porque obviamente o contexto é diferente e está todo pechado”.

Fotografía: archivo GD/En Marea
R.