Feijóo, elegido presidente de la Xunta de Galicia por tercera vez con la única mayoría absoluta y con su liderazgo reforzado en el partido

Durante el debate de investidura en el Parlamento gallego, Núñez Feijóo se ha comprometido a ser un "militante de Galicia" y a defender desde su cargo a "todos los gallegos, votaran lo que votaran" y no únicamente a los votantes del PP ni a su partido".
Por orden alfabético, y tras comenzar por sorteo por el diputado popular César Manuel Fernández Gil, uno a uno los diputados de la Cámara gallega se fueron pronunciando desde sus escaños llamados por la secretaria de la Mesa del Parlamento, Raquel Arias.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, convidou aos grupos da oposición a facerse “corresponsables dalgunhas das grandes decisións que deberemos adoptar” nesta lexislatura para legar “ás novas xeracións un marco político mellor, un entorno mellor no rural, un ensino mellor, unha mellor ordenación do territorio, unha mellor definición do transporte publico, unhas empresas innovadoras e unha mellor forma de afrontar o reto demográfico”.
Puy iniciou a súa intervención agradecendo ao pobo galego “pola confianza renovada nesta formación política, no programa electoral e no noso candidato”. “Síntome moi honrado de defender a Alberto Núñez Feijóo como candidato á Presidencia ao ser o candidato da maioría social que elixiu libremente unha maioría parlamentaria que o vai apoiar como Presidente da Xunta”, dixo.
Pedro Puy manifestou que “chegar a acordos non significa deixar de ser oposición, senón poñer a Galicia primeiro e dotar a Galicia dun marco político estable deseñado con xenerosidade por homes e mulleres de posturas políticas distintas”.
“Ese discurso de que todo esta mal non é o que quere a sociedade galega”, manifestou o portavoz popular á oposición, polo que animou a “achegar posturas e chegar a acordos”. Neste sentido, lembrou que Feijóo propuxo no seu discurso de investidura varios pactos en materia de educación, estratexia económica, modelo produtivo, apoiar aos autónomos, polo rural e o sector primario, demografía e natalidade, financiamento autonómico, AVE, lingua ou memoria cultural galega.
Pero resaltou que Feijóo “ofreceu o pacto e o diálogo no Parlamento como mecanismo habitual para a toma de decisións na política galega”, porque “co pacto evitamos as inxustizas dunhas persoas sobre outras, e esa é a filosofía de poñer consensos cando non son necesarios porque xa se ten a maioría”.
Pedro Puy sinalou que “a oposición confunde o que é a continuidade coa repetición do pasado” e apuntou que “se algún grupo ten que rectificar non é o que acaba de reforzar a súa maioría, senón os que foron derrotados, incluso respecto das expectativas que tiñan”.
“Os galegos queren continuar estreando novos hospitais, novos centros de saúde, novas escolas infantís, novos centros de maiores, novas prazas de formación profesional ou novas prazas de comedor escolar, ao tempo que queren continuar vendo como baixan os impostos para os que menos teñen, baixan as listas de espera sanitarias e baixa o déficit público, baixa o gasto administrativo e se simplifican ou elimina a burocracia”, concretou.
O portavoz popular indicou que “unha cidadanía galega consciente e realista non creu nesa promesa de paraísos inalcanzables que fixeron os grupos da oposición, nin puxo en dúbida o compromiso do PP para alcanzar o ben común”. “Cremos no país, en Galicia, pero Galicia e o país non creu en vostedes”, asegurou.
Puy manifestou que Galicia “está mellor a nivel económico: o paro diminúe, as afiliacións soben, o PIB se está incrementando, as exportacións medran, o consumo sube, a produtividade se incrementa e todos os indicadores económicos son positivos, o que conleva unha mellora da recadación”.
Porén, indicou que “o obxectivo fundamental da política económica ten que ser favorecer a creación de empregos dignos e estables”, lembrando o obxectivo avanzado por Feijóo de crear nesta lexislatura entre 80.000 e 100.000 postos de traballo.
No ámbito social, Puy destacou que “Galicia é a comunidade con maior compromiso social, que manteremos con feitos”. “Este obxectivo social conleva continuar colaborando cos concellos e coas organizacións non lucrativas no desenvolvemento de políticas explícitas que camiñen cara unha axenda social única”, matizou.
“E por suposto, mellorando a asistencia sanitaria pública, con claros compromisos tanxibles tanto de infraestruturas como nos programas de atención aos pacientes; e mellorando a educación pública, que é a base da igualdade de oportunidades”, apuntou.
Deste xeito, indicou que “apoiamos ao candidato porque propón avanzar nunha Galicia solidaria, con igualdade de oportunidades para todos con independencia do lugar de residencia, da idade, da condición social ou de calquera outra circunstancia persoal”.
O portavoz popular tamén puxo de manifesto que “o compromiso co autogoberno exércese todos os días, xestionando a sanidade, educación, políticas sociais ou a xustiza”. “Recoñecemos que quedan algunhas cuestións, pero se o problema do autogoberno de Galicia é a transferencia da AP-9 é que o autogoberno está ben vizoso”, sinalou.
Puy avogou por un novo financiamento autonómico “viable e sostible para o conxunto das comunidades autónomas, que garanta a progresividade”. Neste sentido, demandou un sistema orientado a avaliar o custo da prestación dos servizos tendo presente a dispersión da poboación, o envellecemento, a orografía e o clima.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
En Marea defendeu hoxe a súa postura na sesión de investidura no Parlamento galego da man do noso voceiro Luís Villares. Unha postura construtiva na que expuxemos as liñas da alternativa pola que traballaremos dende as institucións pero tamén dende a rúa.

Hai unha marca divisoria entre os cómplices da troika e os que cremos na solidariedade, na xustiza social, na igualdade, na cohesión social e cultural. Os que cremos nuns poderes públicos ao servizo das maiorías sociais e da xente do común.
Pero hai alternativa e imos traballar para construíla día a día. A dignidade cidadá comeza por unhas condicións vitais mínimas. Por iso En Marea pide a aprobación dun decreto de garantías sociais mínimas que asegure o realoxamento tras os desafiuzamentos, que palie a pobreza material severa e que evite a pobreza enerxética. Tamén pedimos rescatar os servizos sanitarios, empezando polo hospital de Vigo, e dotar de orzamento suficiente á loita contra a Violencia de Xénero. Tamén queremos garantir unha educación pública, universal e de calidade e por iso pedimos a paralización inmediata da LOMCE, frear as reválidas, o retorno á gratuidade dos libros de texto e un modelo de comedores que permita a conciliación laboral e familiar e eviten desprazamentos innecesarios no rural.
O problema demográfico e do rural son síntomas do abandono dun país por parte duns gobernantes que non cren nel, na súa xente nin na súa lingua e cultura, como demostrou o PP durante os últimos 7 anos. Pero hai alternativa. Creemos condicións laborais dignas, restablezamos dereitos universais, estimulemos a economía produtiva e veremos como non se necesitan medidas electoralistas como o sucedáneo de caixa finlandesa para bebés presentada dous días antes da última convocatoria electoral.
Hai alternativa, e imos construíla con vós, porque o proxecto de En Marea medra día a día nas institucións pero tamén na rúa, coa complicidade e coas mans de todos os galegos e galegas. Non nos asustan as maiorías absolutas, porque nós si temos claro que a Democracia é moito máis que votar cada 4 anos. Hai alternativa e hai Marea!
R.