Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Mezcla de indumentaria tradicional de Galicia y Japón en la Fundación Eugenio Granell

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, participou no Encontro Galicia & Xapón, un proxecto de colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e a Fundación Eugenio Granell que ten por obxectivo difundir e afondar no coñecemento da cultura de ambos países, tanto tradicional como contemporánea, e axudar a fomentar o intercambio comercial e cultural entre Xapón e Galicia.

Nunha das principais salas de exposición da fundación compostelá, as participantes no evento luciron pezas de Noriko Hashizume, directora da marca Tamanori dedicada ao deseño e confección de quimonos, mesturándose con traxes galegos do obradoiro santiagués Bulideira, dirixido pola artesá Montserrat Liñares.

A fusión de ambas culturas, o coñecemento creativo e a experiencia profesional de ambas creadoras, son o fío condutor desta presentación que pon o punto á visita de catro días a Galicia de Noriko Hashizume para coñecer parte da súa oferta turística e a artesanía galega.

Inspirados na tradición, os quimonos de Noriko Hashizume adquiren unha nova dimensión e pasan a ser pezas contemporáneas meticulosamente elaboradas e personalizadas respectando os procesos e a filosofía dos artesáns tradicionais xaponeses. Pola súa parte, Bulideira transmite o seu espírito de conservación do traxe tradicional galego, presentando unha reprodución de pezas antigas, xoiería, panos e sombreiros que confeccionan e elaboran na súa tenda obradoiro da capital compostelá.

A través deste proxecto continúase a apostar pola colaboración entre artesanía e o turismo e forma parte da estratexia da Consellería de Economía, Emprego e Industria para promover o sector artesanal galego e consolidar un sector competitivo, un dos grandes retos do Plan de Artesanía de Galicia.
R.