Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La USC promueve un concierto de Maureen Choi Quartet en el marco del XXVI Festival de Jazz

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la USC:

Nada en Michigan (Estados Unidos), Maureen Choi é unha violinista e compositora de extraordinario talento. De raíces coreanas, recibiu a súa sólida formación clásica na Michigan State University e estudou jazz no Berklee College of Music. Cun dominio maxistral do seu instrumento, Maureen propón o que ela chama latin jazz made in Spain, unha mestizaxe baseada no jazz e maila música española e latinoamericana. Rodney Whitaker describiuna como "a nova gran voz do violín de jazz".

O grupo Maureen Choi Quartet nace en setembro do 2012 coa chegada da violinista a España, onde compaxina a actividade musical coa docente nas prestixiosas Berklee College of Music –Valencia– e Escuela de Música Creativa –Madrid–.

Maureen Choi Quartet, moito máis que jazz e música latina; o seu espectáculo en directo é unha apaixonante viaxe polo folclore español e latinoamericano co violín como voz principal e co jazz, a improvisación e a delicadeza da música clásica por vehículos de expresión.

O seu último traballo musical, Ida y vuelta, no que colaboran grandes figuras do talle de Pepe Rivero e Javier Colina, plasma á perfección a orixinalidade da súa idea e foi recibido con tremendo éxito de crítica.

O grupo Maureen Choi Quartet, unha formación liderada pola violinista e compositora estadounidense Maureen Choi e da que tamén forman parte Daniel García (piano), Mario Carrillo (contrabaixo) e Michel Olivera (batería), actúa o luns 14 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, no marco do XXVI Festival de Jazz Lugo 2016.

O concerto que ofrece en Lugo Marureen Choi Quartet, de entrada libre e de balde ata completar aforo, é froito da colaboración que manteñen a Asociación de Intérpretes e Executantes aienrutaJAZZ coa Asociación EscobiJAZZ de Lugo.
R.