Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los sindicatos gallegos exigen a la Xunta cambios en su política económica y lamentan que Feijóo no recuperase la Consellería de Empleo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdeG) instan a Xunta a clarificar nos orzamentos as promesas efectuadas por Alberto Núñez Feijóo no seu discurso de investidura como presidente. Así o afirmaron os responsables de ambas as dúas organizacións após a reunión que mantiveron na sede nacional do sindicato as representacións de CCOO e do grupo parlamentario socialista.

A delegación socialista integrárona o portavoz do grupo parlamentario, Xoaquín Fernández Leiceaga, a viceportavoz, Noela Blanco, e mais Abel Losada, portavoz de Orzamentos, Industria e I+D. Recibíronos o secretario xeral de CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, a secretaria de Política Social, Adela Poisa, e o secretario de Acción Sindical, Xesús Castro.

En declaracións posteriores aos medios de comunicación, o secretario xeral de CCOO explicou que a xuntanza, a primeira das dúas organizacións nesta nova lexislatura, serviu para achegar posicións en asuntos «clave» da vida económica, política e social de Galicia.

Xosé Manuel Sánchez Aguión asegurou que na última lexislatura se perderon postos de traballo, ingresos e calidade de vida, ao tempo que os recortes prexudicaron os servizos públicos. Canto á nova etapa, «veremos se a xeración de riqueza asociada á incipiente recuperación económica se reparte equitativamente ou, pola contra, se acentúan as desigualdades», apuntou.

Segundo o secretario xeral de CCOO, actualmente hai duascentas mil persoas en Galicia que «queren traballar e non poden», persoas que «precisan recursos, non discursos». Ademais, apelou a que a Administración pública desempeñe un papel dinamizador da economía e o emprego, comezando pola recuperación dos postos de traballo destruídos no sector público nos últimos anos, o que ademais redundará nunha mellor calidade dos servizos que se presten.

O Executivo continuísta de Núñez Feijóo foi un dos asuntos polos que, tanto a Aguión como a Leiceaga, se lles preguntou ao remate da xuntanza. O dirixente sindical afirmou que se trata dun equipo de «continuidade absoluta», algo que «non casa ben» cos cambios prometidos polo presidente da Xunta. Lamentou tamén que Feijóo renunciara a recuperar para o organigrama da Xunta a Consellaría de Traballo, con «competencias transversais» en todo o relativo a esta área. Pola súa parte, o voceiro socialista apuntou que a presentación dun Goberno sen novidades «é toda unha declaración de intencións. Non hai autocrítica». Na súa opinión, a «nova fase» anunciada por Feijóo terá «difícil encaixe» cos mesmos actores e instrumentos.

Tanto Aguión como Leiceaga chamaron a agardar á presentación dos orzamentos da Xunta para ver se as promesas formuladas por Feijóo se traducen en «medidas concretas con recursos concretos» ou se, pola contra, se trata dun «brinde ao sol». Neste punto, o secretario xeral de CCOO amosouse partidario da Lei de emprego anunciada polo presidente, pero «mal comezamos», dixo, se se renuncia a recuperar a Consellaría de Traballo. Ademais, «falta comprobar se a dita lei terá reflexo nos orzamentos e con que instrumentos contará», concluíu Aguión.
R.