En Marea recoge en Ferroatlántica las demandas de los trabajadores que trasladará a la Xunta de Galicia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, acompañado dos deputados Luca Chao, Juan Merlo e Francisco Casal sumáronse ao peche no concello de Cee os traballadores de Ferroatlántica ata que Feijóo acepte recibilos. “Estamos aquí cunha misión moi clara, queremos ser os que traslademos a voz dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica directamente a un presidente da Xunta que se nega a recibilos, negando o propio problema”, indicou Villares, que lles pediu aos traballadores que acordou cos traballadores a pregunta concreta que mañá lle formulará a Feijóo no primeiro pleno da lexislatura.
A segregación e venda ten que contar necesariamente coa aprobación da Xunta de Galicia. “Polo tanto Feijóo é o máximo responsable de que iso se poida levar a cabo e parécenos absolutamente inaceptable que os traballadores estean a día de hoxe sen ser recibidos igual ca os alcaldes da comarca pora parte do presidente da Xunta”, censurou o portavoz de En Marea referíndose á negativa de Feijóo a recibir tanto ao comité de empresa de Ferroatlántica como aos rexedores da Costa da Morte.
Coa primeira pregunta que En Marea fará dentro deste pleno ordinario e que será a primeira pregunta de toda a lexislatura “quere ser a voz dos traballadores e de toda unha comarca, do que para nós é un sector estratéxico do conxunto do país”. Luís Villares declarou que tamén lle pedirán a Feijóo “que reciba de forma inmediata os traballadores e traballadoras e aos alcaldes como representantes lexítimos de todas as aspiracións de dignidade dunha comarca e polo tanto que se posicione claramente contra a segregación e a venda, non lles quedará outro remedio ca cambiar de opinión”.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.