La Praza do Obradoiro de la capital de Galicia se cubre de paraguas negros contra la violencia de género

A Corporación compostelá amosou, coincidindo co Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o seu rexeitamento ante a lacra das violencias machistas. Antes do comezo do acto gardouse un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero, unha muller asasinada en Fuenlabrada e que supón a vítima número 40 no que vai de ano no Estado. Mais non só estes datos son desalentadores. De feito, un 21% das mulleres menores de 25 anos que tiveron parella foron vítimas dalgún tipo de violencia machista, fronte ao 9% das mulleres en xeral e un 25% das mulleres mozas de 16 a 19 anos.
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, deu lectura a un manifesto institucional asinado por todos os grupos políticos. Noriega sinalou que "a violencia machista é un dos máis graves problemas a que nos enfrontamos na nosa sociedade, avanzando na visibilización dalgunhas violencias contra as mulleres grazas ao traballo de mobilización e concienciación dos diferentes movementos feministas e de mulleres".
O rexedor compostelán comprometeuse ademais, dende o marco da política municipal, a "situar a violencia de xénero como unha das prioridades na axenda política e continuar desenvolvendo medidas de concienciación do conxunto da veciñanza, prevención e educación para a igualdade entre as persoas máis novas. Tamén se prestará atención ao estudo permanente da realidade do concello no tocante a violencia de xénero, así como á avaliación das políticas desenvolvidas neste terreo e a garantir no ámbito local a atención e apoio integral ás vítimas mediante recursos públicos de calidade, coa axeitada formación do persoal para que poida desenvolver o seu traballo coa máxima rapidez e facilitar canto antes a superación deste tipo de situacións".
O acto por este 25 de novembro rematou cunha acción na que participaron persoas a título individual e voluntarios e voluntarias da campaña Compostela en Negro. Cun total de 450 paraugas negros e brancos e a participación de numerosas persoas, entre elas os centros educativos públicos de Santiago, creouse o logo da campaña na Praza do Obradoiro.
Ademais das accións institucionais, o movemento feminista convocou unha manifestación a partir das 20:00 horas, que sairá da praza 8 de Marzo para ir por Casas Reais, Cervantes, praza do Pan, Preguntoiro, Toural, rúa do Vilar e Praterías.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O 25 de novembro foi declarado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas como o Día Internacional para a eliminación da violencia de Xénero.
Transcorreron xa dezasete anos dende aquela declaración pero dende as instancias públicas cada 25 de novembro seguimos a amosar un compromiso firme coa erradicación de calquera tipo de discriminación que permita que esta violencia persista na nosa sociedade.
A violencia de xénero é un asunto de Estado, polo que previr e poñer fin á violencia exercida contra as mulleres e un obxectivo prioritario e irrenunciable para a Xunta de Galicia.
Dende a Administración galega queremos facer especial fincapé neste ano 2016 na mocidade, que constitúe un grupo especialmente vulnerable á violencia de xénero, e co que precisamos seguir a traballar para que os mozos e mozas identifiquen e rexeiten condutas sexistas que ás veces se toleran ou xustifican, e que a longo, ou incluso a medio prazo, poden desembocar en relacións violentas. Todas as formas de violencia de xénero aliméntanse dos mesmos problemas de valores, dos mesmos estereotipos caducos e dos mesmos mitos enganosos que desgraciadamente a poboación máis nova parece estar reproducindo de maneira preocupante.

O respecto, a liberdade e a igualdade son tres dos piares básicos nos que centrar esa educación.
Resulta imprescindible que a mocidade de hoxe, protagonista da sociedade do mañá, comprenda, coñeza e identifique a violencia de xénero, recoñeza os primeiros sinais dos malos tratos e, a continuación, se converta en protagonista do logro dunha sociedade libre de violencia contra as mulleres: apoiando a quen a sofre e rexeitando actitudes e estereotipos que a promoven ou a xustifican, desde o convencemento de que a igualdade entre mulleres e homes e o respecto pola dignidade do outro son imprescindibles e útiles para a súa convivencia pacífica na sociedade.
É necesario seguir traballando na prevención, na detección e na sensibilización, e visibilizar un problema de profundo calado social.
Traballemos todos e todas xuntos e avancemos unidos para conseguir unha sociedade 0 % machista.
Un ano máis,
Todos contra a violencia de xénero
Todas contra a violencia de xénero
Galicia contra a violencia de xénero
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
Os deputados do PSdeG no Congreso presentaron unha proposición non de lei na que demandan a creación, no ano 2017, de “xulgados específicos de violencia de xénero” nas ciudades galegas que carecen deles.
No día contra a violencia machista, a presidenta da comisión de Igualdade no Congreso, Pilar Cancela, lembra que só hai xulgados específicos en Vigo e A Coruña, ambos postos en marcha con gobernos socialistas no executivo central e na Xunta no ano 2007.
“O resto das cidades necesitan xulgados de violencia de xénero, persoal especializado e reformas nas instalacións xudiciais para evitar o cruce entre agresores e vítimas”, apunta Cancela. “Fumos pioneiros na loita contra esta lacra coa Lei do 2004, pero as partidas orzamentarias menguaron co Partido Popular e agora son necesarias medidas urxentes”, sostén.
Nun acto celebrado en Lugo, manifestou que “hoxe é un día de tristura, os que temos responsabilidades temos que actuar e se hai un partido comprometido para rematar con esta lacra, é o PSOE; pasemos das palabras aos feitos, temos que reivindicar máis medios”.
Á marxe de xulgados específicos, a proposición non de lei dos socialistas galegos demanda “o Acompañamento Xudicial Personalizado, para facer accesible a información ás mulleres vítimas de violencia de xénero sobre o itinerario e procedemento máis seguro no seu recorrido xudicial, desde a presentación da denuncia ata o final do proceso”.
No primeiro semestre do ano, o número de denuncias con respecto ao mesmo periodo de 2015 medrou en Galicia un 5,9% (1.389 fronte a 1.312). “A loita contra a violencia machista precisa de actuacións integrais e transversais, non poden continuar os recortes en materia de prevención”, rematou Cancela.
R.