En Marea califica el plenario 17D como un paso más en la consolidación de la formación política

O portavoz parlamentario de En Marea explicou que a intención para este Plenario "é responder ás demandas que a xente nos foi facendo en todas as reunións que mantivemos coa cidadanía desde que chegamos ao Parlamento de Galicia". Villares sinalou que a intención coa celebración do plenario non é "politizar a crítica, senón politizar a ilusión para organizar esa maioría social que quere unha Galicia mellor". Subliñou Villares que o plenario é tamén "a demostración do ánimo participativo que ten En Marea para seguir sumando máis xente a este proxecto político".
Luís Villares e Maria José Bóveda presentaron o Plenario de En Marea que se celebra o sábado 17 de decembro na Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela, entre as 10.00 e as 19.00. Tanto o voceiro parlamentario de En Marea como a integrante de Coordinadora sinalaron que este Plenario é un chanzo máis nun proceso aberto dun proxecto político baseado na democracia e na xustiza social.
María José Bóveda explicou que a inscripción xa superara ampliamente o millar de inscritos á hora de celebración da rolda de prensa (12.00). Bóveda sinalou que o proceso de inscrición permanecerá aberto e que será utilizado no futuro como un dos medios fundamentais para participar nas actividades e na toma de decisións de En Marea.
Para Luís Villares, o plenario é un paso na consolidación de En Marea como "proxecto político en movemento e unha demostración de participación". Villares apuntou que o mesmo "feito de que en menos dunha semana se inscriban máis de mil persoas, tendo en conta o intenso ano político que levamos, quere dicir que a xente ten ganas de participar e que respalda a construción deste proxecto político aberto e participativo".
Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.