Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG reclama reformas en el Observatorio Galego de Dinamización Demográfica

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou que “a retórica habitual de boas intencións” de Feijóo no discurso de fin de ano e as súas chamadas ao diálogo “dificilmente pasan a proba dos feitos”, sen propostas concretas para sacar Galicia adiante. Puxo como exemplo o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, e fixo unha proposta para reformalo e convertelo nun organismo “con pluralismo e autonomía”, que deixe de depender da Xunta e pase a estar adscrito ao Consello Económico e Social de Galicia, como condicións para a participación do grupo parlamentario socialista nunha estratexia demográfica de futuro.

Leiceaga lembrou que o Observatorio foi creado en agosto “cun obxectivo electoral”, e que o seu decreto de creación non contempla que poidan participar os grupos parlamentarios, a pesar de que agora Feijóo veña de propoñelo. Por iso lle esixe modificar o Decreto do 11 de agosto para que teña “unha composición máis equilibrada, cunha persoa por grupo e autonomía con respecto á Xunta” e “cun plan de traballo” con prazos e obxectivos. “Agora mesmo depende funcional e organicamente da Xunta, e está presidido polo conselleiro de política social. Non hai pluralismo e autonomía, e é un organismo de asesoramento á Xunta, non un organismo da comunidade autónoma”, advirte Leiceaga. “Agora a pelota está no tellado da Xunta”.

O socialista afirmou que Feijóo se resiste “a recoñecer a realidade” do “grave problema de regresión demográfica” que afecta a Galicia, e “que os datos van a peor desde que el goberna”, cunha “caída continuada de nacementos que sitúan a Galicia cerca das peores cifras da serie histórica”, e cunhas migracións externas de mozos e mozas con cifras en negativo desde 2012. “Saen máis mozos dos que entran en relación co resto de España e co resto do mundo”, explicou. “Feijóo estase especializando en apadriñar todos os éxitos aínda que sexan doutros, pero negar calquera responsabilidade nos fracasos”, dixo.

Leiceaga lembrou asimesmo a negativa do PP á proposta socialista de crear unha comisión parlamentaria para abordar a posición de Galicia no financiamento autonómico, “unha cuestión central que vai ser estrela no primeiro semestre”, e destacou que nas preguntas ao presidente sobre os pasos a dar para chegar a acordos “non houbo respostas, senón fórmulas vacuas de búsqueda de unidade”. Por iso avanzou que no vindeiro pleno o grupo socialista presentará novas iniciativas que permitan coñecer a posición da Xunta, para “forzar” que o goberno “vaia máis aló e concrete en propostas e medidas concretas” esta posición de suposta búsqueda de acordos en favor de Galicia.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.