Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Los partidos de la oposición en el Parlamento de Galicia piden más empleo y servicios en los presupuestos autonómicos, así como bajar el sueldo de Feijóo y de los altos cargos

Tras la reunión de la Junta de Portavoces, en la que se ha cerrado el orden del día del pleno del lunes 16 de enero, el portavoz parlamentario del PPdeG, Pedro Puy, ha ratificado el rechazo a las enmiendas de devolución que plantearán los grupos de la oposición, que ya han avanzado algunas de las modificaciones parciales que plantearán durante el debate para "mejorar", según la nacionalista Ana Pontón, "unos presupuestos peperianos en estado puro". Pontón ha avanzado que el BNG planteará movilizar más de 900 millones de euros para "reforzar la política social, blindar los servicios públicos y rescatar la sanidad de la privatización".

En una sesión en la que también está previsto que se aborde la ley de acompañamiento, propondrá, además, reformas fiscales para "recaudar 135 millones más" en 2017, como "aprovechar algunos huecos que deja la legislación" e imponer un impuesto a las grandes superficies comerciales. El portavoz socialista en la Cámara, Xoaquín Fernández Leiceaga, ha avanzado que su Grupo propondrá movilizar 700 millones de euros del presupuesto para "crear empleo, impulsar la economía y recuperar los servicios públicos". Para aumentar los ingresos, defenderá, entre otras medidas, "reducir" los salarios del presidente y de los altos cargos de la Xunta, así como las partidas reservadas para publicidad.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG presentou unha emenda a totalidade de devolución dos orzamentos de 2017 presentados polo Goberno galego por tratarse dunhas contas “continuistas, onde a única partida realmente expansiva é a da débeda pública, pero que consolida os recortes en servizos públicos e sociais, que acumulan unha redución de 10.000 millóns de euros desde a chegada de Feijóo”, explicou a deputada Noa Presas en rolda de prensa.

“Os orzamentos enviados pola Xunta non servirán para reactivar a economía, nin para garantir políticas sociais indispensables na loita contra a desigualdade e a favor da cohesión”, abondou Presas, quen apelou aos últimos datos de paro rexistrado e a recente enquisa de fogares do IGE para subliñar a necesidade de medidas contra a pobreza e as dificultades económicas da maioría social. “375.000 familias teñen uns ingresos non superan os 600 € ao mes”, indicou.

A emenda á totalidade do BNG é tamén unha alternativa orzamentaria ao proxecto do Goberno, con catro grandes liñas. Priorizar o gasto social, blindar os servizos públicos incluíndo o progresivo de rescate das privatizacións, aposta por un modelo produtivo baseado na I+D+i en todos os sectores e a loita contra a violencia de xénero.

“Na loita contra todas as formas de violencia machista a proposta do BNG supón un salto cuantitativo e cualitativo porque pasa de 5 a 95 millóns de euros os recursos dispoñibles nas contas de 2017. Pensamos que é un problema de máxima urxencia e para iso hai que ter recursos e revisar todo o que, é obvio, non está funcionando nesta loita”, explicou Presas.

As prioridades que marca o Bloque na emenda á totalidade ten a súa correlación en recursos nos orzamentos. Así, en materia de política social habilita unha partida de 12 millóns de euros para financiar unha Renda de garantía social para as persoas e familias con maior necesidades, que se complementa con 4 millóns para un Plan de emerxencia social dirixido aos casos máis urxentes.

Para blindar servizos públicos e reverter privatizacións, destacan 115 millóns para recuperar a xestión integramente pública do Hospital de Vigo e outros centros, 105 millóns para reducir as listas de espera, 54 para a contratación de persoal sanitario e 60 para financiar un Plan de mellora da atención primaria. En materia educativa, 22 millóns para contratación de persoal, 14 para bolsas universitarias, 22 para impulso da cultura galega.

En canto aos sectores produtivos, a aposta do BNG pasa por basear o crecemento económico e a creación de emprego na I+D+i. Neste sentido, 55 millóns para un Plan de industrialización, 30 para financiar actividades pesqueiras e 40 para o medio rural, todas partidas con alto contido en investigación e desenvolvemento.

Presa explicou de onde proceden os cartos que financiaran as propostas nacionalistas. “Suprimindo gasto superfluo ou prescindible, como gasto corrente, de gabinete, exceso de publicidade e externalización de servizos, modificación de partidas que entendemos prescindibles”, indicou. Igualmente, actuando pola vía dos ingresos.

“Aplicando unha política fiscal máis progresiva, utilizar as competencias fiscais para gravar os grandes patrimonios e a creación dun imposto ás grandes superficies, o que aportaría arredor de 135 millóns de euros extra”, concluíu.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea afronta o debate orzamentario no Parlamento de Galicia dende unha posición de país que garanta os dereitos das maiorías sociais. Así o avanzou esta mañá Luís Villares despois da Xunta de Portavoces, tras cuestionar a decisión do Partido Popular de reducir todo o debate sobre os orzamentos do ano 2017 a unha única xornada, “un periodo escandalosamente breve para que a xente non coñeza cal é a verdadeira realidade das políticas do PP e evitar que se visualice a nosa alternativa que defende un crecemento sen renunciar a dereitos”.

Tanto a emenda á totalidade de En Marea, que propón un incremento de 750 millóns de euros, como as emendas parciais parten da defensa dunha alternativa ás contas da Xunta con prioridades irrenunciables: un Plan de Emerxencia Social, a loita contra a pobreza e a exclusión social, a mellora da sanidade pública, a recuperación do emprego loitando contra a precariedade laboral, a revitalización dos sectores primarios, o rescate do ensino público e a garantía de acceso á vivenda.

Para loitar contra a pobreza e a exclusión social En Marea propón 168 millóns de euros, para recuperar a sanidade 104, 75 para a dinamización dos sectores primarios e 65 millóns para revitalizar o emprego. “Os recortes non son obrigatorios, son unha opción ideolóxica do Partido Popular, que esta mañá volveu plasmar no DOG unha redución orzamentaria para o Plan Aluga. Entende o goberno da Xunta que en Galicia xa non hai familias sen recursos nin mozos e mozas que precisen axudas para emanciparse?”, reflexionou o portavoz do grupo parlamentario En Marea.

O portavoz do grupo parlamentario, Luís Villares, avanzou que En Marea só subscribiría un pacto de financiamento se as maiorías sociais saen gañando. “Teñen que darse dúas condicións: a obtención de recursos suficientes para satisfacer a prestación de dereitos fundamentais e servizos básicos para toda a poboación e un modelo fiscal que non imite outros modelos do Estado, senón que permita implementar unha axenda económica propia para dinamizar Galicia social, laboral e demograficamente ó mesmo tempo que se reforza o autogoberno”.

En definitiva, unha posición de país que no canto de perpetuar o statu quo, poña remedio aos graves problemas de Galicia cun financiamento adecuado. “Temos o problema demográfico enriba da mesa. Non é unha enfermidade, é un síntoma da enfermidade que supón a mala xestión dos recursos públicos”, denunciou Villares, que tamén explicou que "os convites xenéricos do PP non se traduciron en ningunha proposta concreta".
R.