Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG denuncia que Feijóo utiliza los presupuestos gallegos para modificar 21 leyes

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Economía e Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou ao presidente da Xunta de utilizar a Lei de Acompañamento aos Orzamentos para modificar “un mínimo de 21 leis” utilizando “unha técnica lexislativa impropia contraria ao diálogo, á transparencia, e á calidade democrática”.

A responsable socialista anunciou a emenda de devolución a esta Lei, que constitúe un recurso utilizado polo goberno de Feijóo reiteradamente dende 2009, evidenciando “un retroceso democrático e unha merma da calidade política e xurídica”. Un trámite “escurantista”, dixo, utilizado para eludir os informes preceptivos e impedir a participación e información aos sectores implicados.

A norma altera, explicou, a Lei de Función Pública pra alterar os criterios de negociación colectiva obviando que se trata dun sistema que non pode ser utilizado para modificar leis de carácter xeral. Tamén é utilizada para crear a Axencia Galega de industria Forestal, cun “enfoque productivista e economicista” eludindo o debate institucional coa industria e o tecido social e sortear a protección ecolóxica e paisaxística do medio.

Tamén altera o decreto 149/08, que regula as autorizacións para instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de biomasa como mecanismo para “abrir a porta á instalación de grandes plantas de biomasa”.

Rodríguez Rumbo advertiu que o goberno galego pretende ademais suprimir o corpo de letrados do Consello Consultivo para convertelos en letrados da administración xeral, e facer ao secretario xeral alto cargo de libre designación. Sinalou que esta modificación chega apenas dous anos despois de ter sido aprobada a Lei no Parlamento de Galicia.

A Lei de Acompañamento tamén altera, entre outras, a Lei de Transporte Público de Galicia, a Lei de Emprendemento e Competitividade Económica de Galicia, a Lei de Protección das Persoas Consumidoras e Usuarias, a Lei de Comercio Interior, a Lei de Emprego Público ou a Lei de Minería de Galicia.

Lembra que esta práctica “resulta contraria á necesaria transparencia, quebrando o principio de seguridade xurídica”, resulta “impropia e desaxustada, especialmente tendo en conta o discurso de transparencia e calidade democrática do Goberno” e mesmo é considerada como “unha fraude á doutrina do Tribunal Constitucional”, que é quen determina que non pode ser utilizada para modificar normas xerais.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG

R.