Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG denuncia que el PPdeG veta informes de la saturación hospitalaria en el pico de gripe

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou o veto do PP a unha iniciativa socialista para solicitarlle ás xerencias dos centros hospitalarios un informe dos episodios de saturación pola gripe e a dotación de recursos prevista. Tamén se opuxeron a “elevar a dotación material e humana dos servizos de Urxencias”.

O PP negouse así a aceptar unha proposición non de Lei presentada no Pleno do Parlamento, a pesares de que o parlamentario socialista solicitara votar por separado os diferentes apartados “para evitar conflitos coa proposta de aumentar as contratacións de persoal” na sanidade pública. Así o dixo antes de manter un encontro cos traballadores que se manifestaron diante do Parlamento para reclamar a reapertura das mesas de negociación cos traballadores públicos (achegamos imaxe).

Sinalou que “nós pedimos datos cando o PP na oposición pedía a dimisión da conselleira de Sanidade” en 2008 por un pico da gripe con índices e esperas moito menores, nunha intervención no que o daquela portavoz de Sanidade do PP censuraba unha suposta “ineptitude e incapacidade”. Puntualizou que “o conselleiro non fixo ben o seu traballo, pero non o vou chamar incapaz e inepto nin pedir a súa dimisión”.

Torrado puntualizou que “non vimos aquí a pedir a destitución nin a chamar inepto a ninguén, senón para pedir datos” dunha situación que revela un “problema asistencial grave” e que o PP e o goberno galego están a negar. Dixo que “a situación explota en Urxencias pero é o reflexo do déficit de persoal, de recursos e dun problema de dotación de camas que deriva en saturacións das urxencias hospitalarias”.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de implementar estas medidas “tarde, engadindo persoal despois do pico da gripe”, e reclamou “plans de continxencia” para prever este tipo de situacións. Dixo que o goberno galego está a fiar a resolución destas crises ao “traballo impagable” do persoal sanitario ao prezo de “correr o risco de queime profesional por sobreesforzo”.

Replicoulle ademais ao PP, que sinalou o pico de gripe en Asturias, lembrando que o conselleiro daquela Comunidade Autónoma “fixo unha rolda de prensa diaria para informar da crise, incorporou a tódolos médicos dispoñibles e garantiu que tódolos pacientes foran ingresados”. Engadiu que “a gripe non é culpa do PP, pero a previsión e a xestión da epidemia si que é responsabilidade de quen xestiona a sanidade”.

Os socialistas galegos reclamaron esixirlle ás xerencias dos centros hospitalarios un informe dos episodios de saturación en cada centro, incluíndo as previsións realizadas, as dotacións de recursos e o reforzo aportado, así como unha avaliación do desenvolvemento da labor nos momentos de maior volume de pacientes.

Ademais, solicita elevar a dotación material e humana dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios de Galicia, negociando cos colectivos profesionais e sindicais de cada centro hospitalario un plan de aumento de persoal progresivo apra os dous próximos anos.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.