El PSdeG exige firmeza en la reclamación de la Xunta para que el AVE llegue a Galicia en 2018

O responsable socialista propón, como medida para acelerar o remate das obras, licitar de forma conxunta o proxecto e obra do tramo do AVE, Taboadela – Ourense – Empalme. Esta infraestrutura permitiría a integración do novo acceso ferroviario na cidade de Ourense coas características técnicas e de calidade no servizo das demais liñas de Alta Velocidade Ferroviaria.
Os socialistas galegos reclaman “retomar e convocar de xeito urxente a Comisión de Seguimento”, que foi acordada no acordo de 2009 para manter encontros anuais coa participación dos portavoces e os grupos da oposición do Parlamento de Galicia.
Este órgano ficaría encargado de avaliar as previsións do actual Goberno de España no que atinxe á programación dos orzamentos para o ano 2017 e seguintes, para garantir “o cumprimento efectivo da execución das obras nos distintos tramos do AVE a Galicia nos prazos comprometidos.
Ademais, esíxelle ao goberno galego que reivindique diante do Executivo a reactivación da información con actualización mensual na web do Ministerio de Fomento, ofrecendo datos sobre a situación dos procedementos de licitación, de adxudicación e a execución de proxectos e obras dos diferentes tramos do AVE a Galicia, clarificando a porcentaxe de obra executada e certificada en cada tramo.
R.