El BNG propone aplicar un IVA superreducido en la factura de la luz para paliar la subida que se notará en la factura

A portavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón cuestionou “os privilexios das eléctricas” que, ao seu xuízo, mandan máis que os gobernos e propuxo “unha tarifa eléctrica galega” para compensar o impacto social e ambiental provocado pola xeración de enerxía, “unha fiscalidade máis xusta" rebaixando o IVE do 21% ao 4% para que os galegos e galegas obteñamos beneficio por seren excendentarios en produción eléctrica.
Desde o BNG, dixo, temos claro que Galiza ten dereito a beneficiarse da produción de enerxía, isto é a través dunha tarifa eléctrica galega que nos permita ter unha tarifa máis barata e xusta, e que sería un revulsivo á hora de crear emprego e acabar coa pobreza enerxética.
Para a portavoz nacionalista, en Galiza estase a producir unha situación de “espolio” da nosa riqueza: “pagamos unha das facturas máis altas de Europa, regalamos solidariamente a electricidade ao resto do Estado e por riba, pagamos os custes por exportar enerxía”.
A portavoz parlamentaria explicou que na tarifa que pagamos todos os galegos e galegas, pagamos conceptos de “solidariedade territorial”, como son os extracustos da xeración extrapeninsular ,Baleares, Canarias, Ceuta e Melilla, e que supoñen uns 1.800 millóns de euros anuais, ou o transporte a Comunidades moi deficitarias, caso paradigmático de Madrid que só produce o 0,4% do Estado e consume o 11%, “máis da metade da factura son impostos”, recalcou. Por outra banda, tamén sinalou que cada vez que sobe a luz “o goberno gaña” e este mes de xaneiro Facenda recadará 294 M€ máis que no mes pasado.
Ademais, ao encarecemento da luz hai que sumar o canon eólico que impuxo Feijóo e que suporá un incremento de 13 euros máis ao ano. Sobre o canón eólico, Pontón afirmou que Feijóo cometeu un “erro garrafal” ao cargarse o concurso eólico e renunciar á participación pública nos parques eólicos. Esta decisión, dixo, non só provocou un parón do desenvolvemento das renovábeis e a perda de miles de postos de traballo, senón que ao final vai significar que “os galegos e galegas paguemos a luz máis cara que o resto do estado”.
A portavoz do BNG reiterou a necesidade dunha tarifa eléctrica galega que evite que paguemos máis do que realmente costa o subministro da luz na Galiza, unha nova fiscalidade, dado que máis da metade da factura da luz son impostos, coa rebaixa do IVE da luz do 21% ao 4% e eliminar todas as trabas legais ao autoconsumo e ao coñecido “imposto ao sol”.
Ana Pontón concluíu preguntando porqué os vascos teñen unha tarifa eléctrica propia e en Galiza as familias e empresas non se poden beneficiar da produción de enerxía.
R.