El BNG exige que se apliquen sanciones ejemplares contra Fenosa por lo que consideran una gestión negligente del temporal

O BNG denunciou nun acto simbólico de protesta ante a sede de Fenosa en Santiago os abusos e a impunidade desta compañia na prestación do servizo durante o temporal, así como a complicidade da Xunta que permite a empresa incumprir a lei sen consecuencias. Ademais de expoñer as propostas para abaratar a factura da luz e poñerlle fin “ao negocio das eléctricas”.
“Fenosa créese a raíña do mambo, vímolo estes día no que millón de galegos e galegas soportaron cortes de luz ata cinco días, e iso non é unha consecuencia do temporal senón do feito de que non cumpre a lei que obriga a ter as liñas en bo estado”, denunciou a portavoz nacional, Ana Pontón “e iso pese a cobrarnos dúas veces, unha a través dun imposto que vai na factura para o mantemento das infraestruturas e outra a través das subvencións que recibe das Administracións publicas”. “Estamos ante un abuso máis das eléctricas por unha lexislación que non protexe aos consumidores senón que está feita á medidas das empresas, que obteñen beneficios de escándalo”, denunciou.
De xeito inmediato, o Bloque propón que se apliquen “sancións exemplares” a Fenosa pola súa neglixente xestión e, ademais, o Goberno debe velar porque cumpra a lei “e non nos ofreza un servizo de terceira categoría”. A dirixente nacionalista expresou que “non nós chega con que Fenosa poña anuncios desculpándose, queremos que haxa sancións, que cumpran co este país e poñerlle fin aos privilexios das eléctricas e ao espolio dos nosos recursos naturais”.
Pontón considera que a Xunta ten responsabilidades directas e non é suficiente con abrir expedientes, ten que sancionar e obrigar á empresa a pagar polo danos causados e habilitar compensacións polas perdas dos apagóns. “Feijóo cando estaba na oposición reclamaba axudas e agora que está no Goberno deixa á xente tirada”, lamentou.
Ademais das consecuencias puntuais derivadas da pésima xestión de Fenosa, o BNG pon encima da mesa un “debate de fondo” que é o prezo da luz nun país que é produtor a esgalla de enerxía eléctrica sen obter ningún beneficio nin para empresas, nin para familias.
“Non nos vale que o ministro diga que temos que acostumarnos a pagar a luz máis cara, non nos vale que a a alternativa de Rajoy sexa enchufar a Fernández de Mesa en Rede Eléctrica usando as portas xiratorias e non nos vale que Feijóo sexa o principal tampón para que teñamos unha tarifa eléctrica galega que suporía un aforro extraordinario na factura eléctrica”, indicou Pontón.
Por iso, o BNG propón unha tarifa eléctrica galega que teña en conta a condición de produtor de Galiza para ofrecer un prezo xusto e, a segunda proposta concreta para abaratar a luz é baixar o IVE do 21 ao 4%, “posto que estamos a falar dun ben de primeira necesidade”, alegou Pontón. Medidas ás que se suma a aposta polas enerxías renovables e o autocosumo “que está sendo penalizados polo Goberno central”. “Hai que ir a un cambio de modelo enerxético”, concluíu.
R.