Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Concedida la Medalla del Parlamento de Galicia a los integrantes de la conocida como Comisión de los 16 que redactó el anteproyecto del Estatuto de Autonomía, en vigor desde 1981

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Parlamento de Galicia:

O Parlamento de Galicia concederá a súa medalla aos integrantes da denominada “Comisión dos 16”, autores do anteproxecto do vixente Estatuto de Autonomía de Galicia. O acordo foi adoptado pola Mesa da Cámara, por proposta do presidente, Miguel Ángel Santalices Vieira, na reunión do 6 de febreiro. A entrega das distinción terá lugar o 6 de abril, coincidindo co 36 aniversario da promulgación do Estatuto.

A Asemblea de Parlamentarios Galegos, constituída o 25 de xullo de 1977 e que de acordo co artigo 151 da Constitución Española de 1978 tiña as competencias para elaborar e aprobar o Proxecto de Estatuto de Autonomía, acordou, posteriormente, designar unha comisión composta por dezaseis representantes de partidos, con e sen representación parlamentaria, para elaborar un primeiro texto. Nesta comisión, oito dos seus membros pertencían a UCD, dous ao PSOE, dous a AP, un ao PCG, un ao POG, un ao PG e un ao PTG.

A primeira reunión da “Comisión dos 16” celebrouse o 10 de xaneiro de 1979 e en tres meses concluíron o encargo recibido. O 9 de abril de 1979 entregaban ao entón presidente da Xunta preautonómica, Antonio Rosón, o anteproxecto de estatuto que sofriría diferentes modificacións antes de ser sometido a referendo o 21 de decembro de 1980.

A Mesa da Cámara galega considera que a contribución destas 16 persoas -convocadas a través dunha circular da Xunta de Galicia datada o 4 de xaneiro de 1979-, e a de todas as demais que colaboraron e participaron nos traballos da Comisión, “resulta ineludible” na conmemoración do 35 aniversario do Parlamento de Galicia, na medida en que o poder lexislativo galego emana do Estatuto de Autonomía.

Integrantes da “Comisión dos 16”

1- D. Luis Cordeiro Rodríguez, por UCD de Lugo (*)
2- D. Víctor Vázquez Portomeñe, por UCD de Lugo
3- Dna. Lutgarda García Boente, por UCD de A Coruña
4- D. Pablo González Mariñas, por UCD de A Coruña
5- D. Manuel Reimóndez Portela, por UCD de Pontevedra (*)
6- D. Pablo Padín Sánchez, por UCD de Pontevedra
7- D. Ramón Álvarez Cid, por UCD de Ourense
8- D. Juan Manuel Álvarez Ramos, por UCD de Ourense (*)
9- D. Francisco Puy Muñoz, por AP
10- D. Manuel Vázquez Río, por AP (*)
11- D. Indalecio Tizón Covelo, polo PSdeG-PSOE (*)
12- D. José Vázquez Fouz, polo PSdeG-PSOE
13- D. Anxo Guerreiro Carreira, polo PCG (*)
14- D. Luis Sobrado Fernández, polo PG
15- D. Camilo Nogueira Román, polo POG
16- D. Fernando Solla Fernández, polo PTG

(*) Recibirán a Medalla do Parlamento a título póstumo.
R.