Los sindicatos CC.OO. y UGT hacen un llamamiento a la participación en la movilización del 19 de febrero por un empleo y salarios dignos

CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas -A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo- para o domingo, día 19 de febreiro. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.
UGT e CCOO reiteran que nos últimos anos a cidadanía tivo que afrontar a perda progresiva de poder adquisitivo dos salarios, das pensións e das rendas de protección, o que está a xerar un crecemento sostido da desigualdade. Isto é consecuencia do forte aumento do desemprego e da xeneralización da precariedade laboral, así como da suba dos prezos das subministracións básicas, electricidade, gas e auga.
A imposición de políticas de austeridade e continuos recortes, tanto no eido social como laboral, disparou as taxas de desemprego ata niveis insoportables e provocou a dualidade do mercado de traballo. Isto derivou nunha sociedade máis empobrecida e nun retroceso inxustificado de dereitos sociais e laborais.
A tímida recuperación económica que se rexistra desde o 2015 non está a chegar nin aos salarios nin á rede de protección social. E, por se fose pouco, a cidadanía tense que enfrontar á suba do custe dos servizos básicos.
Os gobernos non poden mirar cara outro lado e as organizacións patronais tampouco. Son culpables do que pasa, da suba incontrolada dos prezos, da perda de poder de compra dos salarios, das pensións e das rendas de protección.
Por todo isto, UGT-Galicia e o S.N. de CCOO de Galicia chaman a cidadanía galega a saír á rúa este domingo contra o encarecemento da vida, especialmente contra a suba dos servizos básicos esenciais.
Hai que saír á rúa para demandar subas salariais, das pensións e das rendas de protección. Subas que permitan recuperar o poder adquisitivo, retomando o IPC como índice de actualización.
Hai que saír á rúa para reclamar máis e mellor emprego; contra a precariedade laboral; contra a brecha salarial; pola recuperación de dereitos e da calidade dos servizos públicos; por unha prestación de ingresos mínimos que axude a combater a desigualdade e a pobreza; e pola derrogación das reformas laborais.
Fotografía: http://www.ugtgalicia.org/default.aspx
Fotografía: http://www.galicia.ccoo.es/webgalicia/
R.