El Rey Felipe VI aprueba la convocatoria del Real Patronato de Santiago antes de que acabe el año

O alcalde compostelán e presidente do Consorcio foi recibido en audiencia polo xefe do Estado no Palacio da Zarzuela, nunha reunión que fora solicitada co obxectivo de reactivar o Real Padroado de Santiago. Martiño Noriega amosouse moi optimista ao remate do encontro, no que Felipe VI "amosou unha gran receptividade á demanda de convocar neste 2017 a que sería a primeira reunión do organismo dende o ano 2003".
O presidente do Consorcio presentoulle ao xefe do Estado un plan de investimentos para o período 2017-2026, que contempla distintas accións orzamentadas en máis de 240 millóns de euros. Martiño Noriega lembrou que na última convocatoria do Real Padroado aprobouse o plan de investimentos 2004-2014, "dotado con 200 millóns de euros, pero que non se chegou a executar na súa totalidade por mor da crise económica". Segundo explicou o rexedor, Felipe VI "mostrou coñecer en detalle cal é a actividade que desenvolve o Consorcio de Santiago, e o papel fundamental que tivo na nosa cidade dende os anos 90".
O Real Padroado é un organismo que ten como obxectivo activar a promoción da cidade como meta do Camiño de Santiago, e que foi recuperado no ano 1991 polo Goberno central, a instancias do Concello e da Xunta, de cara á celebración do Ano Santo de 1993. A súa actividade canalízase a través do Consorcio, unha ferramenta participada polo Estado, a Xunta e o Concello. Neste 2017, o orzamento do organismo interadministrativo é de 9,1 millóns de euros.
O plan estratéxico 2017-2026 está dividido en seis eixos: o mantemento e restauración do patrimonio; a cultura e a sociedade; o medio ambiente; o patrimonio propio e os equipamentos da cidade; a planificación e os estudos de cara á participación en proxectos europeos; e a gobernanza e coordinación coas administracións competentes. En canto a proxectos concretos, poderíanse recuperar programas que non se chegaron a executar no anterior plan de investimentos, como o soterramento do cableado na cidade histórica ou a elaboración dun plan director do transporte de mercadorías. Tamén se poderían reforzar os programas de rehabilitación de vivendas e de monumentos e a mellora de equipamentos que foron construídos no seu día polo Consorcio, como o Multiúsos de Sar ou o Palacio de Congresos.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Casa Real:
El Real Patronato de la Ciudad de Santiago de Compostela es un organismo que tiene el objetivo de promover y coordinar todas aquellas acciones que deban realizar en Santiago de Compostela las Administraciones y Entidades que lo componen, dirigidas a la preservación y revitalización del patrimonio cultural representado por la ciudad de Santiago, en sus aspectos histórico-artísticos y arquitectónicos, a la difusión de los valores europeístas y al desarrollo y potenciación de las actividades turísticas y culturales vinculadas al itinerario jacobeo.
Para alcanzar ese objetivo, los cometidos del Real Patronato son:
- Promover la ejecución de obras, servicios e instalaciones en general, así como la construcción y establecimiento de medios adecuados de transportes y comunicaciones urbanos e interurbanos relacionados con los objetivos del Patronato.
- Impulsar la coordinación de las inversiones que se proyecten por las administraciones central, autonómica y local, para la realización de las obras, servicios e instalaciones antes referidas.
- Promocionar iniciativas y proyectos culturales dirigidos a la potenciación de la ciudad en su condición de lugar de encuentro europeo.
El origen del Real Patronato se remonta a 1964, aunque fue reestructurado en 1991. La presidencia de honor corresponde a Su Majestad el Rey, al que acompañan en su composición el presidente del Gobierno como presidente; los ministros de Educación, Cultura y Deporte, de Asuntos Exteriores y Cooperación, de Fomento, de Economía, Industria y Competitividad, y de Hacienda y Función Pública; el presidente de la Xunta de Galicia; el delegado del Gobierno en Galicia; el arzobispo de Santiago, el rector de la Universidad de Santiago y el alcalde de Santiago de Compostela.
El órgano ejecutivo del Real Patronato es el Consorcio de la Ciudad de Santiago de Compostela, que celebra este año su 25 aniversario, en el que se materializa la cooperación institucional entre el Gobierno de España, la Xunta de Galicia y el Ayuntamiento de Santiago. La presidencia del Consorcio corresponde al alcalde de Santiago de Compostela.
Fotografía: Gabinetes de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela y Casa Real.
R.