Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Protestas en Galicia contra la Lomce: estudiantes y docentes secundan la huelga estatal en educación contra la Lomce y los recortes

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A porcentaxe de persoal –docente e non docente- dos centros educativos sostidos con fondos públicos que secundou hoxe a folga foi tan só do 11,42%. Así se reflicte nos datos recompilados polo departamento educativo da Xunta de Galicia a través das xefaturas territoriais. No ensino concertado o seguimento foi do 0,39%.

A xornada lectiva desenvolveuse con normalidade nos centros de ensino, garantindo a apertura dos mesmos para aqueles membros da comunidade escolar que decidiron non secundar o paro, cun cumprimento total dos servizos mínimos.

Por provincias, os datos de seguimento nos centros públicos foron do 12,74% na Coruña, 8,5% en Lugo, 9,94 % en Pontevedra e 12,74 % en Ourense. No ensino concertado o paro foi secundado polo 0,53 % na Coruña, o 0,24 % en Lugo, o 0,23 % en Ourense e o 0,53 % en Pontevedra.
A Consellería quere chamar de novo ao entendemento e lembrar que neste momento se está a consensuar un pacto educativo a nivel nacional, unha oportunidade para dotar o país dun sistema educativo estable a longo prazo.

Nota de prensa de la Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público:

O ensino público en Galiza foi á folga contra a LOMCE e os recortes en educación, cun seguimento que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valorou moi positivamente e que cuantificou, á saída da manifestación de Compostela, en preto do 90%. “As aulas quedaron baleiras” asegurou o seu portavoz, Anxo Louzao, quen considerou que “esta ten que ser a acta definitiva de defunción da LOMCE, das reválidas e dos recortes que desde 2010 leva sufrido o ensino público en Galiza”.

O portavoz da PGDEP e secretario nacional da CIG-Ensino sinalou que tras desta nova xornada de folga e coas mobilizacións desenvolvidas en todo o país “agardamos que o goberno do Estado e a Xunta de Galiza tomen nota e que a Consellaría de Educación deixe de actuar de comparsa e abandone a actitude de total submisión ao goberno central”. Xunto a isto, exixiu que se elabore unha lei galega do ensino que responda ás necesidades do sistema educativo galego e que teña en conta cuestións esenciais como redución das ratios e incremento do profesorado.

Xunto a isto demandou que se destine a educación o 7% do PIB, unha defensa inequívoca do ensino público inclusivo e equitativo que se sustente na supresión dos concertos nos centros que segregan por razón de xénero, no camiño de rematar coa privatización e cos concertos educativos; eliminación do 3+2 e unha política de bolsas totalmente diferente que posibilite que todo o alumnado poida cursar os estudos universitarios sen estar condicionado pola súa situación económica.

Respecto do “pacto pola educación”, Louzao asegurou que “non estamos dispostos a avalar o engano que supón, porque só pretende maquillar a LOMCE para que sexa máis presentábel socialmente pero mantén no fundamental os alicerces que sustentan a propia lei”.

En concreto referiuse ao “modelo españolizador, neoliberal, confesional, privatizador e segregador”, aspectos que aparecen recollidos no manifesto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que se leu ao remate das manifestacións que se sucederon por toda a xeografía galega.

Nota de prensa del Gabinete de Comnicación de UGT-Galicia:

Los sindicatos UGT, CCOO, STES y CGT, las organizaciones de estudiantes Sindicato de Estudiantes, Frente de Estudiantes, Estudiantes en Movimiento y Faest, la Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos CEAPA y los Movimientos de Renovación Pedagógica consideran un éxito el seguimiento de la huelga general de educación para exigir la reversión de los recortes, la dignificación de las condiciones de trabajo y la derogación de la LOMCE y las contrarreformas universitarias.

La actividad académica se ha paralizado sin que se haya registrado ningún incidente significativo. Según las primeras estimaciones, cerca del 65% de los trabajadores y trabajadoras de la enseñanza se han sumado al paro en todo el territorio nacional. El seguimiento por parte del estudiantado ha sido incluso más elevado, con una participación que ronda el 85% de media, siendo en la Secundaria muy superior con carácter general a dicho porcentaje. A primera hora de la tarde se tendrán datos más definitivos.

La suma de la participación de los trabajadores y trabajadoras de la enseñanza, el alumnado y las familias ha vaciado las aulas interrumpiendo el normal funcionamiento de los centros educativos. La educación, por tanto, está parando hoy de nuevo.

La Plataforma Estatal por la Escuela Pública agradece el respaldo que la convocatoria está recibiendo por parte de la comunidad educativa y la sociedad en su conjunto y advierte de que seguirá movilizándose si el Gobierno del PP no ceja en su empeño de obviar a trabajadores y trabajadoras de la enseñanza, alumnado y familias con actuaciones políticas que no solo olvidan a los implicados, sino que, además, mantendrán las medidas de austeridad más duras y permitirán que la educación sufra un nuevo tijeretazo de 1.000 millones de euros que se sumará a los 9.000 que ha perdido en los últimos años.

Fotografías: Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público + UGT-Galicia.
R.