Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PSdeG reclama que el Consello de Contas pueda recibir denuncias anónimas sobre corrupción en la administración, como en otros países europeos

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

Os deputados na comisión parlamentaria do Consello de Contas, Begoña Rodríguez Rumbo e Juan Díaz Villoslada, presentaron as 14 propostas de resolución e as outras 14 recomendacións rexistradas polo grupo socialista tras o último informe do ente fiscalizador. O obxectivo é acadar un “maior nivel de transparencia” e reforzar as competencias en prevención de corrupción do Consello, que lle foron outorgadas na modificación da lei en 2015, como explicou Rodríguez Rumbo. Entre as recomendacións inclúen a reclamación dunha oficina para recibir denuncias confidenciais sobre posibles casos de corrupción.

“Non queremos que a labor do Consello sexa só a divulgación e prevención, queremos ir máis alá. Que se garanta habilitar unha oficina con todos os mecanismos de confidencialidade para facilitar denuncias de prácticas que poidan facer referencia a fraude ou corrupción de persoas con responsabilidade pública, ou privada cando se relaciona con sector público”, explicou Díaz Villoslada, que lembrou que o PP xa rexeitou no Parlamento unha proposición non de lei socialista para a protección legal dos denunciantes ante “posibles represalias”.

No referente á loita contra a corrupción, os socialistas reclaman tamén mecanismos de cooperación do Consello de Contas coa Fiscalía Superior de Galicia Máxima e medidas antifraude na contratación pública e administrativa, así como facilitar o acceso das pemes ás licitacións públicas autonómicas. “O PP en materia de corrupción ten unha linguaxe de Doutor Jekyll e Mister Hyde; fala de que hai que loitar contra a corrupción pero logo cústalle moito actuar”, dixo.

Por outra banda, Villoslada lembrou o “bluf” do plan de racionalización dos entes instrumentais –os denominados chiringuitos-, un plan que o propio Consello de Contas considera “máis nominal que real” xa que só houbo unha redución do 1% dos gastos. Así, reclamou “información pública” deste plan, xa que o goberno galego non a facilita. ”Que deixen de desenvolver política ficción, porque o modelo de entes instrumentais de Galicia non parou de medrar, ata ter 16 axencias que non teñen indicadores de xestión que poidan ser avaliados”, denunciou.

Os socialistas censuran tamén que un organismo de máxima importancia como Augas de Galicia non rinda contas, tal e como recolle o informe do consello de Contas, igual que sucede con 13 fundacións públicas. Por iso reclaman “accións específicas de fiscalización de todo o entramado das axencias públicas” por parte do Consello de Contas.

Tamén piden fiscalizar os niveis de calidade asistencial nos centros de maiores, o nivel e tipoloxía de gasto nos contratos de publicidade cos medios, os concertos hospitalarios e a concesión do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Nas propostas de resolución, os socialistas pedirán “reprobar a falta de colaboración da Xunta co Consello de Contas”, xa que o Consello informa de que por parte do goberno galego persisten limitacións que condicionan e reducen a información e a transparencia. Tamén solicitan “unha dotación orzamentaria realista”, e que a Xunta deixe de empregar o programa de imprevistos como un programa ponte para realizar transferencias de crédito fóra do control parlamentario, así como o fondo de continxencia, que está a usar para a cobertura de gastos correntes por unha deficiente orzamentación.

Outras das reclamacións dos socialistas teñen que ver cos transparencia dos fondos de compensación interterritorial, coa reclamación da eliminación do desprazamento de gasto dun exercicio a outro por parte da Xunta, ou coa reclamación de que o sistema contable sexa adaptado ao plan xeral de contabilidade pública aprobado en 2010.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R.