El PSdeG pide la supresión de los aforamientos de los diputados en Galicia

O socialista explicou que esta modificación esixe a reforma do artigo 11 do Estatuto de Autonomía, e que o obxectivo do seu grupo é “poñer este tema na mesa do debate político” e “ver se todos os grupos da Cámara estamos en condicións de acadar o necesario consenso”. Considerou que o aforamento parlamentario “responde a outras épocas” e a “sistemas que non teñen madurado democraticamente”, e apuntou que “é percibido pola cidadanía como un privilexio” dos representantes autonómicos. “Hai que superalo, e que os representantes dos cidadáns sexan xulgados polos tribunais ordinarios, como ocorre co resto da cidadanía”, afirmou.
Esta iniciativa está dentro das medidas coas que os socialistas están intensificando a loita contra a corrupción na Cámara galega, que precisamente vén de aprobar neste último pleno por unanimidade unha proposición defendida por Villoslada para crear un plan antifraude na contratación pública.
O socialista avanzou que presentarán unha moción con diferentes medidas no vindeiro pleno, entre elas unha para a protección integral dos denunciantes que queiran destapar casos de corrupción das institucións públicas en Galicia. “Non vaia ser que nos enteremos, como nos estamos enterando en Madrid, de que o PP tiña noticias de contas en Suíza de Ignacio González e non dá conta desa información”, afirmou. Tamén persentarán outras medidas como a necesaria regulación dos grupos de presión (lobbies).
R.