Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Ana Pontón cree que la militancia acertó cuando en 2016 decidió mantener el BNG como un proyecto autónomo y denuncia la situación laboral

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG recreou a película “Os luns ao sol” de Barden e Tosar coa ría de Vigo ao fondo e realizando o mesmo traxecto en barco dende Vigo a Cangas. Na viaxe, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón escoitou, en primeira persoa, as experiencias de persoas afectadas pola precariedade e o desemprego e reclamou un Plan de choque para rematar cunha situación que segue creando “dramas e desesperación” na cidadanía.

Para a portavoz do BNG lembrar hoxe a película “Os luns ao sol” escoitando no barco dende Vigo a Cangas a tres persoas afectadas polo paro, é un acto simbólico pero cargado de realismo fronte a toda esa propaganda coa que o goberno pretende convencernos de que “todo vai ben”. Son os luns ao sol, dixo, pero para moitos miles de persoas tamén son os martes, os mércores e o resto da semana porque a súa realidade é a precariedade e por iso, neste 1 de Maio volveremos a pedir que se derroguen as reformas laborais do PP e do PSOE que tanto drama e sufrimento levan provocado.

Segundo os datos de desemprego, dixo a líder do BNG, no que levamos de 2017 hai 16.000 persoas máis desempregadas. A recuperación económica pode chegar aos que están no IBEX 35 pero non chegou aos cidadáns nin a Galiza. A nacionalista lembrou que o índice de “pobreza severa” afecta a 132.000 persoas no noso país e censurou o “triunfalismo de Feijóo e Rajoy que pensan que todo vai ben”. Seguen impoñendo un modelo social baseado na de “desigualdade e precariedade” que conducen a Galiza a máis paro, e emigración, censurou.

O Bloque, afirmou, aposta “por un xiro radical” da política económica e de dereitos laborais e preguntou como é posible que a pesar de que o PP non ten a maioría no goberno segan vixentes reformas laborais que nos “roubaron tantos dereitos”. En Galiza precisamos mellorar o desenvolvemento produtivo, xerar emprego e ofrecer condicións dignas á mocidade. Neste sentido lembrou que o BNG xa propuxo o Plan Retorna para que moitos dos mozos e mozas emigrados poidan regresar.

Si hoxe se volvera a facer a película “Os luns ao sol”, a realidade sería “peor que hai 15 anos”, concluíu Pontón.

María Luz Pérez Fernández, 55 anos , traballadora eventual en precario

“A explotación non ten límites” transmitiulle María Luz Pérez, traballadora da hostalería durante 20 anos á portavoz do BNG quen ademais denunciou os contratos por catro horas coa obriga de traballar oito ou 12 horas sen parar e gañando entre 700 e 800 euros. “Nos temos vacacións” e se decides reclamar os teus dereitos, como fixen eu, sabes que a resposta, o despedimento.

Clemente Pérez , 53 anos, parado de longa duración

Clemente contoulle a Ana Pontón que mañá cumprirá 54 anos e que leva no paro dende o ano 2010. Antes da crise, dixo, traballaba na construción pero con 53 anos “as empresas non nos queren” e o único que nos ofrecen son contratos por catro días. Separado e cunha filla á que debe pasar unha manutención confesa ter grandes dificultades para acabar o mes e a súa grande preocupación, o futuro da xente moza.

Xoán Carlos Rodríguez, enxeñeiro Técnico, 4 anos no paro

No ano 2011, este enxeñeiro técnico vigués quedou sen traballo e dende hai catro anos está no paro véndose obrigado a retornar á casa familiar ante a falta de ingresos. “Tiven que voltar a vivir cos meus país para non ter que recorrer a un local social ou vivir na rúa”. Neste momento as persoas de máis de 45 anos temos grandes problemas para acceder ao mercado laboral porque a pesar da formación, “as empresas non ten ven como un traballador produtivo”.

A portavoz do BNG escoitou as experiencias de María Luz, Clemente Pérez e Xoán Carlos Rodríguez das que dixo, son un claro exemplo dunha política laboral equivocada pola que reclamou “un plan de choque” para combater a precariedade no emprego.

No acto contra a precariedade laboral celebrado hoxe en Vigo a portavoz nacional do BNG estivo acompañada polo responsable local, Serafín Otero e o responsable comarcal, Manuel Caride.
R.