Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El BNG denuncia el escaso peso político de los 12 parlamentarios del PP en Madrid en la negociación de los Presupuestos Generales para Galicia

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Primeiro foron 1.400 millóns de euros adicionais para Euskadi e agora o BNG desvela que os orzamentos do Estado recollen unha partida de 3.500 millóns de euros entre 2017-2018 para rescatar as autoestradas madrileñas, unha partida aprobada con nocturnidade na reunión do Consello de Ministros e da que o Goberno de Rajoy non informou na posterior rolda de prensa.

“Nesta negociación dos orzamentos do Estado todo o mundo gana menos os galegos e as galegas que son os únicos que perdemos por un presidente entregado ao PP e a Rajoy mentres esquece que foi elixido para defender Galiza”, criticou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras denunciar ese rescate do que o Goberno central informa na Actualización do Programa de Estabilidade 2017-2020 remitida a Bruxelas.

Na páxina 40 do documento recolle: “Para o período 2017-2018 esa rúbrica –evolución do gasto en investimentos-, está afectada pola cobertura por importe de 3.500 millóns de euros para atender á responsabilidade patrimonial derivada dos procedementos xudiciais das oito autoestradas de peaxe que se encontran en concurso de acredores...”.

“Euskadi gana 1.400M€ e unha mellora na tarifa eléctrica en función da lexitima negociación do Goberno vasco e hoxe acabamos de coñecer que tamén gana Madrid porque o Executivo central ten dispostos 3.500M nos Orzamentos do Estado para rescatar as radiais madrileñas impulsadas por Aznar e Aguirre”, argumentou Pontón.

Mentres, os orzamentos reflicten o agravio con este país. “E a Galiza que lle queda? Un recortazo de 442M€ nos investimentos do Estado para 2017 e cero € para rescatarnos da estafa legalizada das peaxes da AP9, ao contrario, anúncianse subidas”, denuncia a dirixente do Bloque.

Neste contexto, Pontón contrasta o resultado de ter un Goberno que exerce para defender os seus interese, -Euskadi-, e un Feijóo “marioneta” de Rajoy. “Cinco deputados do PNV valen o seu peso en ouro, doce deputados do PPdeG non lle valen a Galiza para nada, salvo para restar”, sentencia Pontón, quen se preguntaba que máis ten que pasar para que o presidente da Xunta recoñeza o agravio de Rajoy a Galiza.

“Que máis ten que pasar para que Feijóo saia do seu ensemismamento e deixe de defender o indefendible, que ten que pasar para que se poña as pilas en defensa do interese xeral deste país? Euskadi gana nesta negociación, Madrid gaña o rescate das radiais socializando as perdas das empresas, pero aquí somos as últimas da fila”, reitera.

Pontón insta “á unidade” de todos os galegos e galegas “na defensa dos nosos intereses e para acabar con esta auténtica tomadura de pelo con Feijóo xogando o papel de cabalo de Troia. É urxente non quedarse de brazos cruzados ante o agravio constante ao noso país, porque os galegos e as galegas merecemos respecto”

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG
R.