En Marea reclama un compromiso financiero para construir una red de cercanías entre Galicia y Portugal y mejoras en la AP-9

En Marea vén de presentar no Congreso ao redor de 300 emendas parciais ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, 183 delas destinadas a incrementar as dotacións destinadas a Galicia. Frente a uns orzamentos do PP ao servizo da redución do déficit público, de desprezo da cidadanía galega, de consolidación dos recortes e de perseverar nun modelo de crecemento que nos meteu na crise, En Marea presenta unha alternativa orzamentaria
"Os orzamentos do PP son un desprezo a Galicia, tanto polas políticas xerais que afectan de forma especialmente negativa á nosa sociedade como polo desplome de máis dun 30% no investimento público”, asegura o voceiro de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino. Ante estes orzamentos que propón o PP, En Marea presenta unha alternativa para favorecer o desenvolvemento da nosa sociedade que foi elaborada após decenas de xuntanzas por todo o país , que se celebraron nos últimos meses con colectivos sociais, organizacións e as Mareas Locais.
Nesas xuntanzas os deputados e deputadas de en Marea recolleron as demandas da sociedade civil, tanto a nivel de infraestruturas, dotacións culturais, en materia medioambiental, de industria, emprego, patrimonio, I+D+I, igualdade, etc. As 183 emendas territorializadas están distribuidas entre todo o territorio galego, incluido as demandas das grandes cidades.
As demais emendas, así como todas as traballadas xunto co grupo confederal, céntranse arredor de 4 obxectivos:
- Cohesión social. Presentamos unha serie de medidas para reducir a enorme desigualdade e atacar a pobreza con propostas como a renda garantida, atención á dependencia, pobreza social, educación infantil de 0 a 6 anos universal e gratuita ou o mantemento do poder adquisitivo das pensións
- Novo modelo de crecemento e emprego de calidade. Apostamos pola economía produtiva, por un plan de transición enerxética, apoio á economía produtiva, fomento industrial, apoio aos sectores produtivos primarios, programa de saneamennto e posta en valor das rías galegas.
- Territorio vivo e vertebrado. Recollemos algunhas propostas clave a favor da cohesión territorial e conectividade de Galicia con Europa pensada como activos para o desenvolvemento. Medidas: Tren de cercanias nas áreas urbanas e sistema ferroviario galego que garanta a mobilidade pública entre os principais núcleos e a conectividade peninsular (Cantábrica, sur, etc), reorientación do investimento en infraestruturas públicas orientadas á vertebración e á seguridade viaria.
- Recaudación xusta a favor da maioría social. Levamos rexistradas unha serie de medidas que permitan nivelar a facenda pública coa media dos países europeos, en dous sentidos: combater a evasión fixcal e os ingresos que se deixan de ingresar produto da corrupción; e aumentar os impostos ao máis ricos, como o imposto de solidariedade das grandes fortunas, da banca, eliminación das SICAV; ao mesmo tempo que reducimos o IVA dos produtos de primeira necesidade e o cultural).
Fotografía: archivo GD / Gabinete de Comunicación de En Marea
R.