Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Ana Pontón dice que la negativa del Gobierno central al traspaso de la AP-9 es una tomadura de pelo y pide plantarle cara al Ejecutivo de Rajoy

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón cualifica de “tomadura de pelo” o non rotundo do ministro de Fomento, Iñigo de la Senra á transferencia a Galiza da AP-9 como reclamou o Parlamento galego a partir dunha iniciativa impulsada polo BNG.

Para a portavoz nacional do BNG que o goberno de Rajoy negue a transferencia desta infraestrutura evidencia que “Feijóo non pinta nada no seu partido”. Todas as forzas políticas galegas debemos esixirlle ao Presidente da Xunta que “se presente en Madrid e lle plante cara ao goberno do Estado”. Feijóo debe defender os intereses de Galiza e non seguir sendo “unha marioneta de Mariano Rajoy e do Partido popular”.

Pontón advirte que o BNG “non aceptará un non por resposta” e lembra que o Partido popular non conta coa maioría no Congreso dos deputados.
R.