Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

En Marea pide que se venza la coalición de silencio para investigar el accidente de Angrois

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, explicou no Parlamento de Galicia, xunto co vicevoceiro parlamentario Antón Sánchez, o modelo que En Marea propón para as infraestruturas de transporte en Galicia, "un modelo que debe responder a un modelo de país e non a decisións soltas ou que buscan titulares".

A parlamentaria de En Marea en Madrid explicou o modelo alternativo que se propón en función dos distintos níveis operativos, comezando polos grandes itinerarios europeos e rematando polo transporte de cercanías.

No transporte europeo, Alexandra Fernández apuntou que cando se fixo o proxecto de grandes vías europeas "Galicia quedou marxinada e agora, en 2018, vaise revisar ese proxecto e para nós é unha oportunidade histórica para que desta vez Galicia forme parte dos grandes corredores ferroviarios europeos".

Neste sentido, Fernández sinalou que hai dous modelos para sumarse a estes grandes corredores, "unha opción é a que corresponde ao carácter costeiro de Galicia, como saída natural posto que Galicia é o punto da cornixa atlántica que precisa menos distancia para unirse ao corredores europeos".

Esta opción permitiría conectar os corredores cantábrico e atlántico e conectar tamén en rede a todos os portos galegos e os dos litoral. Ademais, a opción litoral ten a vantaxe de non ter grandes impedimentos na orografía. A outra opción é a centralista, que significa como agora, trazar todas as comunicacións a través da Meseta, o que significa "aumentar os custes, os tempos de transporte e perder competitividade", denunciou.

O PP non ten un model,o posto que, como explicou Alexandra Fernández, "Feijóo di unhas cousas en Galicia e outras en Madrid e o PP nos orzamentos nunca reforza os planos que anuncia o presidente da Xunta".

Alexandra Fernández sinalou que en 2018 "xogámonos entrar ou non nas infraestruturas europeas e para conseguilo temos que traballar en tres sentidos:

1- Ter claro o modelo
2- Chegar a un acordo das forzas políticas de Galicia e coas outras comunidades que poden participar nestes corredores
3- Desenvolver un pulso para converter este corredor unha chave no modelo de transporte e tamén no modelo de Estado.

Con este corredor "o que estamos facendo é dar marcha atrás no modelo centralista e centralizador e faríamos un contrapeso para un modelo que ten o seu eixo desde o País Vasco a Alxeciras pasando por Madrid e que bascula claramente cara ao Mediterráneo". "Nós cremos -asegurou Fernández- que Galicia ten que ter a súa propia comunicación que serva para protagonizar o transporte na fachada atlántica, posto que o PP está deixándolle aos portos portugueses asumir o protagonismo".

En Marea considera que hai que transformar o sistema de cercanías ferroviarias en Galicia. Alexandra Fernández sinalou a necesidade de desenvolver as áreas de "A Coruña-Ferrol e Vigo-Pontevedra";"Presentamos ambas emendas para estas dúas áreas".

Tamén enumerou as propostas para as estacións intermodais: "O PP ten unha actitude simplona respecto ás intermodais, pensa que é colocar unha estación de autobús e outra de tren xuntas, pero o que significa unha intermodal é que conectes dúas redes de transporte no mesmo punto para que actúen en conxunto".

Todas estas medidas deberían resolverse na posta en marcha dun "plan de mobilidade para Galicia para que as infraestruturas non veñan determinadas pola especulación, por intereses particulares ou por plans soltos".

De aquí que En Marea pida un pacto pola mobilidade con todos os partidos, "estamos dispostos a trasladar os intereses ao Congreso e tender a man ao resto dos partidos para conseguir este novo modelo en favor dos intereses das galegos e galegos".

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R.