Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El PPdeG pide un informe independiente para esclarecer las causas del accidente de tren de Angrois. En Marea critica que el PPdeG votase en contra de crear la comisión de investigación

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou por cuarta vez esta tarde no Parlamento “o interese claro do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas” do accidente ferroviario de Angrois “coa maior profundidade e rapidez posible”, para o que demandou a realización dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o sinistro.

Fernández Prado considerou “unha demanda xusta das vítimas, dos seus familiares e do conxunto dos galegos coñecer con profundidade e rigorosidade, fuxindo de usos demagóxicos e partidistas, as causas deste tráxico suceso e se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”. Neste sentido, criticou que o PSOE rexeitara esta mesma semana na Mesa do Congreso a tramitación dunha Comisión de Investigación sobre o accidente e no día de hoxe xa anunciou o seu voto favorable no Parlamento galego á creación desa mesma comisión de investigación.

Na súa intervención, sinalou que “o ámbito de investigación máis efectivo é o xudicial, onde se están a dirimir as posibles responsabilidades penais no accidente”. “Os xuíces, se o consideran oportuno, poden pedir todos os informes independentes que consideren necesarios, ou citar en calquera condición aos distintos axentes intervintes para o esclarecemento total do accidente, como demostra a recente imputación do responsable de seguridade de Adif no momento do accidente”, salientou.

Deste xeito, Martín Fernández lembrou que “a experiencia en todos os casos coñecidos é que as investigacións xudiciais chegaron moito mais lonxe que calquera comisión de investigación parlamentaria”, polo que considerou “bo non interferir na investigación xudicial”.

En relación coa solicitude de creación dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, o portavoz popular fixo súas as recentes declaracións do fiscal Antonio Roma nas que afirmaba que unha comisión parlamentaria podería ter certas interferencias na investigación xudicial, ao tempo que os xuízos paralelos tampouco axudan a resolver.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O PP vota en contra da iniciativa presentada por En Marea para instar á creación dunha comisión de investigación sobre o accidente ferroviario de Angrois no Congreso dos Deputados. O vicevoceiro de En Marea, Antón Sánchez, defendeu que con esta iniciativa o grupo parlamentario buscaba dar un paso máis no coñecemento da verdade tratando de superar a obstrución do PP e do PSOE. Pese a que no seu discurso Sánchez fixo un chamamento á “coherencia e empatía coas vítimas” por parte dos grupos da Cámara e pese ao apoio manifestado tanto por BNG como PSdeG, o grupo popular rexeitou a iniciativa deixando en evidencia unha vez máis a súa falla total de respecto polas vítimas e pola cidadanía galega que o único que piden é coñecer a realidade.

O vicevoceiro de En Marea lamentou tras a votación que o PPdeG de protexer “á mafia de Catalá e compañía“ impedindo unha investigación independente que depure responsabilidades políticas. “É unha cuestión de xustiza, de reparación moral das vítimas pero tamén de rexeneración democrática“ concluíu Antón Sánchez.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Férnandez Leiceaga, reclamou unha “explicación técnica, xudicial e política” ao accidente de Angrois. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei no Pleno do Parlamento que foi emendada polos socialistas galegos para reclamar unha nova investigación independente e unha Comisión de Investigación no Congreso.

A proposta, no sentido da iniciativa que foi aprobada en Castela – León coa abstención do PP, foi aceptada por En Marea, que presentou a Proposición non de Lei , pero será votada mañá. Fernández Leiceaga explicou que, xunto coa iniciativa do Parlamento de Castela e León, tería un “valor simbólico relevante” como “chave para abrir a investigación no Congreso dos Deputados”.

O responsable socialista apostou por partir dunha investigación xudicial para “dilucidar outras responsabilidades máis alá das penais, que se as hai deben ser depuradas convenientemente”. Subliñou que “o Parlamento de Galicia non é o ámbito adecuado” para esta investigación, xa que carece competencias sobre a conexión ferroviaria e polo tanto sería incapaz de “mandatar a políticos e técnicos” que compareceran.

Explicou que a dita peritaxe técnica resulta unha “condición previa para a investigación política e tamén para a xudicial”, xa que “doutro xeito estariamos operando a cegas sobre a base da nosa intuición”. Por iso, dixo, “insistimos na necesidade de promover unha investigación técnica independente para favorecer o esclarecemento, coñecer a verdade e facer xustiza”.

Lembrou que a investigación xudicial atópase “en fase de instrución” e permitirá “determinar a existencia de responsabilidades con relación ao sistema de freado automático e a inexistencia dunha avaliación sistemática dos riscos”. “Pódese agardar –engadiu- ao fondo da investigación para determinar responsabilidades penais” e a partir de aí “dilucidar outras responsabilidades, que se as hai deben ser depuradas convenientemente”.
R.