Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El socialista Leiceaga pide a Feijóo que deje de ser un obstáculo para que se investigue el accidente de tren de Angrois

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo socialista dirixiuse ao presidente da Xunta para recomendarlle que “deixe de ser un obstáculo para que isto –a Comisión de Investigación sobre Angrois- progrese no Congreso dos Deputados”. Así o dixo en resposta a preguntas dos xornalistas sobre as críticas de Feijóo contra o apoio do PSdeG a unha Comisión de Investigación no Congreso.

Fernández Lecieaga explicou que “sempre dixemos aquí que nos parecía ben realizar unha investigación técnica e que había que facer tamén unha investigación política no Congreso”. Reclamoulle ao presidente da Xunta que atenda aos portavoces do PP que “empezan a dicir que é neceario”.

Recomendoulle ao presidente do PP que “deixe de enredar e de buscar culpables noutros partidos e tome a decisión de dicirlle aos seus deputados en Madrid que voten a favor da Comisión, e se non o que debe é asumir cal é a súa posición de verdade”.
R.