Papi y Mami presentan sus Fantasías coas palabras en la SELIC a la que también acude la USC con sus novedades

Fantasía coas palabras é un xogo pensado para nenos e nenas de menos de dez anos, e ten como obxectivo que aprendan o abecedario dunha maneira orixinal e divertida, creando aventuras a partir de cada letra.
Papi e Mami é o nome artístico de Jorge Juncal e María López, dous músicos cunha longa traxectoria musical. El ten sido acordeonista en grupos folk como Anubía, Faltriqueira e Beladona, mentres que ela leva máis de quince anos interpretando música tradicional galega en Faltriqueira. Xuntos teñen colaborado en traballos sobradamente coñecidos polo público infantil, como A nena e o grilo nun barquiño, Gatuxo ou A banda das apertas. Fantasía coas palabras é o seu primeiro traballo conxunto.
Na axenda da SELIC para o martes 6 de xuño tamén está prevista a presentación de Volcán. O cabalo salvaxe da illa de Sálvora, de Paula Carballeira e Xoana Almar. Ana Cabaleiro tamén pasará pola Semana do Libro de Compostela para presentar o seu primeiro libro, Sapos e sereas; e María Canosa e María Reimóndez protagonizarán unha nova presentación cruzada. Este martes tamén está prevista a participación de Diego Ameixeiras na SELIC, coa presentación de Lendo a Dashiell Hammett.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Universidade de Santiago de Compostela (USC):
A USC participa na Semana do Libro de Compostela (SELIC), aberta ao público na praza da Quintana ata o próximo 11 de xuño e organizada pola Concellaría de Acción Cultural. A Universidade compostelá estará representada polo seu Servizo de Publicacións cun total de 60 títulos, a maior parte destes novidades dispoñibles para a súa venda e representativos das diversas liñas editoriais da editora universitaria.
Nun deseño expositivo aberto e diferente ao das tradicionais feiras editoriais, a SELIC reúne 32 expositores entre editoras, tanto privadas como institucionais, librarías e bibliotecas que representan unha significativa mostra do sector do libro da cidade. A SELIC nace con vocación de permanencia e futuro segundo afirmou o alcalde da cidade, Martiño Noriega, no acto inaugural. Ademais da exposición e venda de novidades das empresas e institucións participantes, SELIC inclúe un amplo programa de sinaturas, presentacións, mesas redondas ou conversas con autores. Ademais, a carpa translúcida que acolle o evento dispón dun xardín-espazo lúdico para os/as máis pequenos/as.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela (http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/galeria.php?idn=./42_Selic&sec=&lg=gal)
R.