Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

10.550 jóvenes gallegos afrontan la ABAU hasta el 9 de junio: son las nuevas pruebas de acceso a la universidad que sustituyen a la selectividad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique afirmou no Parlamento que a nova proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) “está enmarcada nun proceso de cambio normativo co único obxectivo de mellorar o sistema educativo español”.

Egerique manifestou que “estamos a traballar nun Pacto de Estado pola Educación e iso conleva negociacións e acordos cuxos resultados non se poden estar pedindo permanentemente e haberá que dar marxes de tempo, recibir as aportacións das diferentes comunidades autónomas e ser rigorosos diferenciando os criterios técnicos dos criterios políticos”.

Así mesmo, a deputada popular asegurou que “a seguridade xurídica dos alumnos está garantida e respectamos e comprendemos a reacción da Valedora do Pobo, a quen xa se lle remitiron as explicacións pertienentes”. Neste sentido, loubou “o traballo da Comisión Interuniversitaria de Galicia (Ciug) nun proceso de cambio e adaptación nas probas de acceso á universidade, garantindo a vontade de coordinación entre as universidades galegas e a Xunta buscando sempre a seguridade dos alumnos”.

Teresa Egerique dirixiuse aos socialistas para criticar que “o que vostedes chaman improvisación non é tal, xa que se trata de adaptarse ás modificacións pertinentes coa man tendida e a colaboración permanente, tendo claro que a situación é froito dun proceso de diálogo, a seguridade xurídica dos alumnos está garantida, a resolución publicada pola Consellería recolle certezas e orienta, e desde o primeiro momento a Ciug e a Consellería traballaron en coordinación para paliar todas as confusións xeradas”.
R.