Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Propuestas de danza, teatro y música centran las actividades de Galicia Escena Pro

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A segunda das catro xornadas de Galicia Escena PRO comezou coa representación de Rubicundo, a cargo da compañía Ghazafelhos, na Fundación SGAE. Trátase dunha proposta pensada para nenos e nenas a partir de cinco anos e dirixida por Pepablo Patinho, quen é tamén parte do elenco xunto con Montse Piñón e Jorge Casas.

A seguinte cita será co espectáculo de danza Emoticores, que a compañía Las Tricotouses (Cristina Montero e Rut Balbís) porá en escena no Salón Teatro ás 13,00 horas. Neste mesmo espazo, terá lugar ás 14,15 horas o segundo dos encontros informais entre os asistentes ao mercado.

A actividade retomarase ás 16,30 h., tamén no Salón Teatro, que acollerá a presentación profesional de Chivatos, plataforma en liña da Federación Estatal de Asociaciones de Empresas de Teatro y Danza (Faeteda), na que se se recollen os principais datos para elaborar un mapa estatístico sobre a evolución da actividade profesional nas artes escénicas e musicais en España.

A continuación, será a quenda de Eme2 Emoción&Arte con A noiva de Don Quixote, que Mercedes Castro intepretará ás 17,30 h. no Auditorio Abanca. José Carlos García dirixe esta proposta a partir do texto de José Luis Esteban sobre o destino de Dulcinea tras a morte de Don Quixote.

Ás 19,30 horas a programación trasladarase ao Teatro Principal da man da compañía Sarabela Teatro, que presentará o seu espectáculo Normas para saber vivir na sociedade actual, a partir da obra do autor francés Jean Luc Lagarce. Ánxeles Cuña Bóveda é a directora desta montaxe, para a que contou con Fina Calleja, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Elena Seijo e Vadzim Yukhnevich no elenco.

A segunda proposta de danza da xornada chegará da man de Ánxela Blanco e a súa creación Ulises e a nena durmida, unha sinfonía de corpos, voces e imaxes inspirada na traxedia grega do rei de Ítaca, que poderá verse ás 22,30 horas no Salón Teatro.

Ademais, e dentro das actividades paralelas do mercado, a Casa das Crechas acollerá na media noite unha actuación especial do grupo Píscore que, co humor como base, ofrecerá o seu Concerto singular (e plural) para todos os acreditados en Galicia Escena PRO.

Como en anos anteriores, as representacións dos 19 espectáculos en cartel serán de acceso gratuíto para o público non profesional, en función da capacidade dispoñible en cada caso e previa retirada das entradas nas billeteiras do espazo correspondente.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R.