El presidente de la Xunta no comparecerá en el Parlamento gallego por la desaparición del Banco Pastor pero deberá responder a En Marea y el BNG

O o voceiro de En Marea, Luís Villares, o vicevoceiro Antón Sánchez e o deputado Manuel Lago mantiveron unha xuntanza con representantes dos traballadores do Banco Popular-Pastor da sección sindical CCOO-Banca co obxectivo de coordinar medidas para garantir os postos de traballo e evitar a exclusión financeira dos usuarios que quedarán sen oficina de referencia por toda Galicia.
Os representantes sindicais que acudiron á reunión, a secretaria xeral de CCOO no Popular, Carmen Peteiro, o responsable de Banca e a secretaria xeral da Federación de Servizos de CCOO-Galicia, Francisco Villares e Lucía Trenor, dan por feito que o Grupo Popular, integrado no Pastor na nosa comunidade, terá que afrontar un excedente de persoal trala súa compra polo Santander, polo que destacan a necesidade de esixir un control exhaustivo do proceso e que remate a incertidume para o plantel de traballadores e tamén para os clientes.
Alertan ademais do incerto futuro da Fundación Barrié, unha das fundacións máis importantes de Galicia, que queda directamente sen a súa principal fonte de financiamento ao quedaren a cero as súas accións trala operación de venda.
Pola súa banda, o deputado de En Marea e economista Manuel Lago comprometeuse a esixir das administracións públicas “ coñecer que pasou exactamente coa entidade e que se depuren responsabilidades, pois estamos ante un novo e escuro proceso de concentración financeira con graves custes para Galicia, ao quedar todo o mercado financeiro galego en mans de dous bancos, coa complicidade dos organismos supervisores e dos gobernos que o facilitaron”.
Ademais, En Marea entende que se “deberían prohibir de xeito xeralizado as operacións especulativas en Bolsa como as que permitiron que fondos de investimento desen o pelotazo cos aforros de miles de cidadáns a costa de levar á creba a bancos coma o Popular, mentres a CNMV si actuou prohibindo as vendas en corto durante un mes en Liberbank.”
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamou a intervención do Goberno galego para “acompañar” aos afectados pola venta do Banco Popular, propietario do Banco Pastor. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces na que os socialistas, xunto co resto dos grupos da oposición, reclamaron a comparecencia de Feijóo sobre este asunto, que foi vetada polo PP.
O responsable socialista dixo que o presidente da Xunta debe trasladarlle á Cámara e a toda Galicia “a información da que dispón” sobre esta operación, feita dun xeito “cando menos pouco transparente”. O goberno galego, dixo, debe clarificar tamén a súa actitude e o papel que tomará agora para “mitigar os efectos laborais e de exclusión financeira” cos que se saldará a operación en Galicia.
Considera “extremadamente razoable” a decisión dos inversores, que sentíndose enganados, recorren á xustiza para recuperar os seus aforros, e pediu unha “solución rápida para solventar as reclamacións de forma eficaz e dilixente”.
Advertiu que Galicia resulta “especialmente afectada” pola absorción do Popular por parte do Santander, que xunto con Abanca pasarán a asumir o 70 por cento da oferta bancaria de Galicia e máis de 2.000 empregos. Advertiu que a extensa rede de oficinas do Banco Pastor, agora duplicadas co Santander, veranse inevitablemente afectadas xunto cos seus traballadores.
Ademais desaparecerán de Galicia os antigos servizos centrais da entidade, nun proceso de “concentración financeira extrema” que afectará tamén e sobre todo ás Pemes, cos que o Banco Popular viña traballando tradicionalmente.
Fernández Leiceaga advertiu da “necesaria clarificación” desta operación na que os supervisores demostraron unha actuación “imprudente”, e “neglixente” por parte dos auditores. Lembra que a causa ofrecida en primeiro lugar, a da falla de liquidez, que motivou o pánico bancario e acelerou o seu rescate por outra entidade, desmorónase ante a valoración do banco, estimada “entre -2.000 e -8.000 millóns”.
Este dato ofrecería un novo motivo, o da falla de solvencia, máis congruente coa decisión de levar o seu capital a cero, pero que abriría dúbidas sobre a auditoría aplicada en 2016 e os test de estrés, e sobre a fiabilidade da información ofrecida na última ampliación de capital da entidade.
O Pleno da próxima semana comezará, explicou, cunha proposición de Lei presentada polos socialistas galegos para levar ao Congreso un cambio da Lei de Modificación do Sector Eléctrico. Fernández Leiceaga considera “inxusto” e contra a autonomía financeira de Galicia a dita norma, que obriga a pagar máis aos usuarios galegos de enerxía en función dos tributos verdes aplicados pola Xunta ás eléctricas.
O responsable socialista critica que os consumidores galegos teñan que pagar polos impostos ecolóxicos aplicados a empresas que extraen enerxía en Galicia independentemente de que esta se consuma fora de Galicia. Ademais, engadiu, esta decisión “limita de forma abusiva a autonomía financeira de Galicia”, xa que condiciona os mecanismos tributarios do goberno para corrixir a actuación destas industrias.
O próximo Pleno incluirá ademais unha proposición non de Lei con propostas para cubrir a demanda de prazas públicas en escolas infantís nos polígonos industriais, así como unha interpelación diante do peche anunciado de entre un 15 e un 20 por cento de camas hospitalarias no verán. Explicou que este recorte, aplicado sobre un servizo xa recortado, deixa á sanidade pública “nun nivel insostible”.
A sesión de control ao presidente por parte do Grupo Socialista estará centrada nesta ocasión na atención que presta o goberno galego ás 700.000 persoas maiores de Galicia. Sinalou neste sentido á aplicación “morosa” da Lei da Dependencia, ás pensións ou á oferta “moi deficiente” de residencias públicas.
R.