Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

El BNG propone la insumisión de Galicia ante el reparto del techo de gasto presentado por el ministro Montoro y En Marea denuncia el desgobierno de Feijóo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou o caos e falla de proxecto político do Goberno de Núñez Feijóo que está a provocar a parálise do noso país. A folga do transporte, o peche de centros educativos no rural, ou a negativa do PP de Madrid para levar a cabo a transferencia da AP-9 son algúns dos exemplos destacados por Villares na súa comparecencia ante os medios desta mañá. “O PP en Galicia converteu a súa maioría absoluta nun total desgoberno” declarou.

“Feijóo non está a solucionar os problemas de Galicia, do único que se ocupa é da súa carreira política” afirmou o voceiro de En Marea que lamentou que “o Goberno collera vacacións antes de tempo” aínda que asegurou que para En Marea “leva de vacacións desde dende o mesmo momento que entrou a gobernar”.

O voceiro de En Marea asegurou que o “ninguneo ao que está sendo sometido Feijóo en Madrid produce rubor e vergoña” engadindo que non só “ningunean” ao PP galego senón “á vontade de todo un país como o galego”.

Pero a actuación caótica do goberno galego non só se deixa sentir fora de Galicia senón tamén dentro do país como sinalou Villares tomando como exemplo o plan de transportes presentado pola Xunta de Galicia co que “pretende incomunicar todo o rural” e contra o que se ten manifestado patronal, usuarios e sindicatos. Outra mostra é o plan de peche de escolas anunciado pola Consellería e que supón igualmente pechar o futuro no rural.

“Temos un Goberno incapaz de xestionar os problemas reais do noso país. Existen unha Galicia que existe só na cabeza do Partido Popular e outra que é a Galicia real” declarou Villares.

Fronte a isto, o voceiro de En Marea destacou o programa alternativo que formula En Marea no Parlamento e na rúa. “Vimos de presentar unha proposta de ensino rural que se ocupa do ensino, dereitos e do transporte” lembrou. Tamén no referido á AP9, o voceiro volveu a insistir que o obxectivo de En Marea pasa por lograr a transferencia pero tamén recuperar para o público esta infraestrutura.

“En Marea ten un plan de goberno para Galicia e as súas maiorías sociais fronte ao desgoberno e a ineficacia do PP que converteu a súa maioría nunha actuación caótica” concluíu Villares.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “mundo ao revés” o resultado en materia de reparto do nivel de débeda e de déficit aprobados polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), que serán ratificados nun consello de ministros extraordinario. “O Estado non ten competencias en sanidade, educación, servizos sociais e outras cuestións que inciden directamente na vida das persoas, pero ese aparello de Estado resérvase a maior capacidade de gasto por esa dobre vía, mentres afoga ás comunidades autónomas e aos concellos”, alegou.

Por “capricho” do señor Montoro, “ese especialista en amnistías fiscais ilegais”,- ironizou-, o Estado resérvase a maior parte da capacidade de gasto mentres que “continúa apertándolle o cinto aos galegos e as galegas en sanidade, educación, dependencia, entre outros, un disparate”, denuncia a dirixente do Bloque, que pide “insubmisión”.

“Non é lóxico que aquelas administracións que teñen un impacto maior na vida das persoas sexan precisamente as que se lle reduce a capacidade de acadar recursos para atender esas necesidades”, alega, por iso, “deberíamos declararnos insubmisos fronte aos recortes que nos impón o señor Montoro, porque o que nos está pedindo e que sigamos apertándolle o cinto aos galegos e as galegas”.

Para o Bloque, hai que mudar un sistema que impón recortes na capacidade de actuación do Goberno galego a través deses corsés do déficit e a débeda pública, ao tempo que se reafirma na necesidade dun novo modelo de relación económica co Estado, o concerto económico, que daría a Galiza 3.500 millóns de euros adicionais

É insostible unha distribución do teito de gasto que penaliza ás administracións que teñen “un maior impacto na vida das persoas”, xa que resulta evidente que o reparto aprobado no CPFF “limita a capacidade dos gobernos autonómicos e dos concellos para incidir na prestación de servizos e nas medidas para fomentar a creación de emprego”.

Por contra, o que se aumenta é a capacidade do Estado para obter recursos adicionais para seguir pagando o rescate bancario ou incrementar o gasto militar con cartos públicos. “E unha decisión inxusta e centralista que vai contra os interese da maioría social”, mentres o presidente da Xunta “intenta convencernos de que este reparto é un bo negocio para Galiza, de novo poñendo os intereses do PP por diante dos da maioría social deste país”.

A dirixente nacionalista tamén se referiu ao conflito do transporte público consecuencias da “cascada de decisión erróneas” adoptadas polo Goberno da Xunta, e avanzou que vai pedir a comparecencia en pleno da conselleira Ethel Vázquez que, á vista da situación orixinada, “demostra que non é unha boa interlocutora e que carece dun deseño de transporte público para Galiza”.

“O goberno está xestionando moi mal este asunto, poñendo en risco emprego, continuidade do emprego, das pequenas e medianas empresas galegas do sector, e as liñas de servizo de transporte público”, sintetizou.
R.