Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

La cantante gallega Uxía anuncia que su pregón en las Fiestas del Apóstol 2017 será un paseo de música y emociones por Compostela

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O alcalde mantivo un encontro coa cantante Uxía, encargada do pregón que o venres abrirá as festas do Apóstolo. Martiño Noriega reiterou que "para a cidade é un motivo de orgullo que Uxía aceptara este encargo, porque é parte de Compostela". Tamén lembrou que ten "unha traxectoria espectacular no mundo da música, é unha referencia no país, embaixadora no espazo da lusofonía e pioneira no campo da música infantil".

Uxía recoñeceu sentirse honrada e ilusionada polo encargo do Concello de Santiago, que lle produciu "unha mestura de alegría e sentido da responsabilidade". A cantante explicou que ten rematado o pregón "desde onte ás 4.00". Segundo relatou, emocionouse moito escribíndoo, "porque Compostela é unha cidade coa que teño moitos vínculos afectivos e é difícil facer un texto que lle toque a fibra a todo o mundo".

Aínda que non quixo adiantar moito do pregón que lerá o venres, si explicou que será "un roteiro de música, lembranzas e emocións pola cidade, co que retratarei unha Compostela plural e cotiá". Tamén admitiu que "haberá música e algunha canción, sorprendería que non fora así". O pregón de Uxía, ás 22:30 dende o balcón do Pazo de Raxoi, abrirá as festas do Apóstolo, que se van celebrar do 14 ao 31 de xullo.
R.