Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Víctimas del accidente de tren de Angrois comparecen en el pleno del concello de Santiago e invitan a la ciudadanía a sumarse a la manifestación del lunes 24 de julio

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O Concello de Santiago acordou esixir ao Ministerio de Fomento, Adif e Renfe a mellora da seguridade no último tramo da liña do tren de alta velocidade á súa entrada en Compostela. En concreto, a Corporación acordou reclamar que se active o sistema ERTMS, que segue sen estar operativo catro anos despois do accidente de Angrois.

O Pleno da Corporación aprobou a proposición presentada nese sentido polo BNG, que contou cos votos a favor de Compostela Aberta e o PSOE, e coa abstención do grupo municipal do PP. O texto lembra que existen numerosos informes que acreditan que a traxedia ferroviaria do 24 de xullo de 2013, na que morreron 81 persoas, podería terse evitado de existir nese tramo o sistema ERTMS. Tamén apunta a que a propia Comisión Europea pediu que se reabran as investigacións sobre o acontecido.

Ademais de esixir a instalación do sistema ERTMS, a moción aprobada hoxe sinala que o Concello de Santiago apoiará a manifestación convocada pola Plataforma de Vítimas do Tren Alvia para o luns 24 de xullo, que partirá ás 11:00 horas dende a estación do tren para chegar á praza do Obradoiro.

Na sesión plenaria interveu Arturo Domínguez, no nome da Plataforma de Vítimas do Alvia, que pediu "que o Concello de Santiago se poña do lado das vítimas, esixa a activación do sistema ERTMS e reclame a creación dunha comisión de investigación sobre o acontecido". Nese sentido sinalou que "aínda que haxa un xuízo en marcha, primeiro é preciso dirimir responsabilidades dende outros ámbitos". Arturo Domínguez incidiu en que as vítimas "esixen verdade, xustiza e reparación, por esa estrita orde".
R.